26 de Xaneiro: Andaina San Alberte - Carballa (10 Km. aprox.)

Día: 26 de Xaneiro de 2014 
Hora: 10:00 h.
Distancia: 10 km.
Saída e chegada: Ermita de San Alberte – Pol. Industrial de Xarás – RIBEIRA (A Coruña)
Organiza: Escuela de Boxeo El Canario e Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: Gratuita
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

PRESENTACIÓN

Roteiro de sendeirismo de dificultade técnica baixa e de distancia asumible para aquel@s persoas que se desexen iniciar ou disfrutar dunha xornada de sendeirismo percorrendo un dos enclaves máis populares do Concello de Ribeira.

A saída terá lugar da mesma Ermida de San Alberte e transitará por sendeiros e pistas ata chegar a os restos dos muiños da Carballa, pasando pola descoñecida fervenza da Carballa que cas choivas dos últimos días está a regalarnos un pequeno espectáculo de auga e natureza. Chegaremos ata a Pedra das Cabras na que os petrogriflos darannos a benvida a un novo sendeiro entre penedos, e flora autóctona.

De regreso o roteiro transitará polo monte de San Alberte tratando de reivindicar, recoñecer, e disfrutar dun espazo que pese aos lumes que o asolaron o pasado verán queremos e debemos axudar a recuperalo.

A hora aproximada de finalización será as 12:30 h.

Recoméndase atender ao seguinte:

  • Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun tutor ou adulto.
  • Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
  • Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
  • Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
  • Non se permiten animais de compañía.
  • Puntualidade na hora de saída.
  • A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
  • A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
  • NON se precisa inscrición previa, pero agradécese un correo a contacto@arousa.com notificando a dispoñibilidade a asistir.
  • A organización resérvase o dereito a modificar o percorrido, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
PUNTO DE PARTIDA E INDICACIÓNS DE CÓMO CHEGAR
 
 
AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:


Dispoñemos dunha aplicación (APP) para teléfonos móviles co sistema operativo ANDROID, na que podes estar puntualmente informad@ das actividades levadas a cabo por Arousa Natureza e Ocio, ademais de consultar toda a información relevante de cada unha delas: regulamentos, incricións, mapas, fotografías, e clasificacións.

Só tes que buscala por "AROUSA" e xa podes instalala. Ou ben PREMER AQUÍ.

APP desenrolada por: Aplicaciones Móviles DeLaFuente.

 











Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable de ningún tipo de dano tanto físico, moral ou material que poda xurdir no desenrolo das súas actividades. O mero feito de inscribirte nas súas actividades non convela estar cuberto por ningún tipo de seguro salvo que así o especifique o regulamento da mesma.