26 de Abril: VIII CARREIRA DO CORGO (12 km.) - Corrubedo |
|
VIII CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO
INTEGRADA NO CIRCUITO CONCELLO DE RIBEIRA DE CARREIRAS POPULARES
Día: 26 de Abril de 2014
Hora: 17.30 h.
Saída e chegada: Teira-Corrubedo
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Colabora: Concello de Riveira
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio
Prazo de inscripción: do 7 Abril ao 22 de Abril
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com
Custo da inscripción: 6 €
O vindeiro 26 de abril ás 17:30 h. a Carreira do Corgo, chegará á súa octava edición, chea de entusiasmo, novidades e ilusión que demostrou ao longo destes oito anos. E que ainda que poida parecer nova, a Carreira do Corgo, é toda unha veterana dentro das carreiras populares en Galicia, porque agora que o "campo a través" pasou a chamarse "trail", dende a organización seguimos conservando o nome orixinal, máis descriptivo e adaptado aos tempos nos que naceu a idea de organizar unha carreira nun lugar privilexiado a poucos metros do vértice no que nace a Costa da Morte: Cabo Corrubedo e o seu faro acompañándonos en cada kilómetro da proba.
Con saida e chegada na aldea de Teira, a cordialidade dos veciños e colaboradores tentaremos de crear ese ambiente de fin de carreira que tanto nos gusta.
TRAILER "CORGO 2012" from LESMES producciones on Vimeo.
- PERCORRIDO:
- A saída darase no lugar de Teira-Corrubedo, ás 17.30 horas.
- Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
- O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso básicamente de terra, herba e area, e será de 12.000 mts. aprox. debidamente sinalizado.
- A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
- A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
- Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
- Establécese un tempo máximo de 1:45 horas para a realización da proba. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura por parte da organización.
- PARTICIPANTES:
- Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
- Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
- Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
- Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
- Finamento por accidente: 6.000 €
- Invalidez por accidente: 12.000 €
- Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA
- Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
- A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
- Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
- O participante é responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
- MATERIAL:
- É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
- É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
- É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
- A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
- A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
- INSCRICIÓNS:
- As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
- Prezo da inscrición é de 6 €.
- A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
- Pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 (BANCO SANTANDER) nos vindeiros 4 días do envío da solicitude.
- Prazo de inscrición ábrese o 7 de Abril e remata o 22 de Abril.
- A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
- A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
- A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
- AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
- A organización disporá de avituallamento de líquido ó longo do percorrido situado no km. 8 do percorrido.
- Disporase de un avituallamento de líquido e froita na liña de meta.
- A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
- No Polideportivo municipal de Sirves-Olveira (situado a 3 kms de Teira), os atletas terán a súa disposición vestiarios e duchas.
- RETIRADA DE DORSAIS:
- O mesmo día da proba en Teira, entre as 16:30 h. e 17:15 h. ata 15 minutos antes do inicio.
- Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
- TROFEOS:
- Crease unha modalidade de parellas (mixto, muller-home). As parellas teñen que completar o percorrido xuntas, quedando eliminadas todas aquelas parellas que incumplan esta norma.
- A saida vai ser a mesma hora que a carreira absoluta, podendo a organización retrasar quince minutos a saida desta modalidade si o número de inscritos fan convinte esta modificación horaria.
- Recibirán trofeo:
- Os vinte primeiros homes.
- As cinco primeiras mulleres.
- As cinco primeiras parellas.
- A carreira esta integrada no VII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE RIBEIRA,polo tanto todo-los participantes puntúan para a clasificación final xeral do mencionado circuito.
- Será necesario xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios
- DESCALIFICACIÓNS:
- Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
- Si o participante retira sinais da carreira.
- Si o participante non remata o percorrido.
- Si o participante non atende as indicacións da organización.
- Si o participante non porta o material obrigatorio.
- Si o participante atenta contra o medioambiente.
- Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
- OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
- Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
- A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
- Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
- Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
- O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
Plano para chegar ó Polideportivo |
Distancias e tempos:
- De Santiago: 70 km. - 51 min.
- De Noia: 39 km. - 35 min.
- De A Coruña: 140 km. - 1:25 h.
- De Vigo: 95 km. - 1:05 h.
- De Ourense: 165 km. - 1:45 h.
- De Lugo: 200 km. - 2:00 h.
Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:
|
|
|
|