2 de Febreiro: IIº TRAIL DE SAN ALBERTE (13,5 Km.) |
Día: 2 de Febreiro de 2014
Hora: 10:30 h.
Distancia: 13,5 km.
Saída e chegada: Ermita de San Alberte – Pol. Industrial de Xarás – RIBEIRA (A Coruña)
Organiza: Escuela de Boxeo El Canario e Arousa Natureza e Ocio
Colabora: Centro Recreativo de Artes e Asociación de Veciños de Carreira
Información e plazo inscricións: Arousa Natureza e Ocio (plazo: do 4 ao 27 de Xaneiro)
Custo da inscrición: 7 €
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com
Na segunda edición da proba que tan boa acolleita tivo na primeira edición decidimos "facela maior" e alongar a distancia que se percorreu o ano pasado en casi 4 km. o que vos permitirá disfrutar dunha proba de trail que atraerá tanto a @s que se queiran iniciar coma aqueles atletas máis rodad@s neste tipo de proba. Garantía de disfrutar dun entorno único é que o 100% da proba transita por pistas, sendeiros e campo a través, só se pisa asfalto no aparcamento dos coches. Asegurámosvos unhas paisaxes e vistas espectaculares pese aos incendios que o pasado verán arrasaron gran parte da zona polo que transitará a proba, ainda así espéranvos os muiños da Carballa, a Pedra das Cabras, e a Ermita de San Alberte.
Como colofón da proba e ante a falta de medios para celebrar unha entrega de trofeos ou disfrutar dunha ducha quente na liña de meta, convidámosvos a achegarvos ao Centro Recreativo de Artes no que se dispondrá desas necesidades ademais dun avituallamento que acompañe a ceremonia de entrega de trofeos.
So nos queda invitarvos a ler o regulamento con atención xa que nel se desglosan os parámetros que rexirán a proba, que non quere perder a súa esencia de ser divertida, popular, e accesible para tod@s @s que gustan de combinar o deporte ca natureza.
- PERCORRIDO:
- O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e será de 13,5 km. debidamente sinalizado.
- A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
- A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
- Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
- Establécense un tempo máximo de 2 horas para a realización da proba. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
- PARTICIPANTES:
- Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
- Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
- Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
- Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
- Finamento por accidente: 10.000 €
- Invalidez por accidente: 10.000 €
- Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000 €
- Rescates (incluindo evacuación): 40.000 €
- Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
- A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
- Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
- MATERIAL:
- É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
- É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
- É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
- A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
- A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
- INSCRICIÓNS:
- As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
- O prezo da inscrición é de 7 €.
- A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
- O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude.
- O prazo de inscrición ábrese o 4 de Xaneiro e péchase o 27 de Xaneiro.
- A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
- A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
- A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
- AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
- A organización disporá de avituallamento de líquido ó longo do percorrido situado no km. 8 do percorrido.
- Dispondrase de un avituallamento de líquido e froita na liña de meta.
- No Centro Recreativo de Artes (a 3 km.) xunto ca entrega de trofeos ofrecerase un avituallamento máis contundente aos asistentes.
- A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
- No Centro Recreativo de Artes, a partir das 11:00 h. e ata as 15:00 h. estará a disposición dos participantes o servicio de ducha e vestiario.
- RETIRADA DE DORSAIS:
- O mesmo día da proba dende as 9:30 h. ata 15 min. Antes da saída.
- Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
- TROFEOS:
- Entregaranse dezaseis trofeos repartidos do seguinte xeito:
- 10 primeiros homes da clasificación xeral
- 3 primeiras mulleres da clasificación xeral
- 2 primeiros homes da clasificación de corredores locais
- 1 primeira muller da clasificación de corredoras locais
- A entrega de trofeos realizarase a partir das 12.40 h. no salón de actos do Centro Recreativo de Artes (a 3 km. da saida).
- DESCALIFICACIÓNS:
- Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
- Si o participante retira sinais da carreira.
- Si o participante non remata o percorrido.
- Si o participante non atende as indicacións da organización.
- Si o participante non porta o material obrigatorio.
- Si o participante atenta contra o medioambiente.
- OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
- Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
- A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
Descargar ficheiro .KML para visualizar en Google Earth
REMATADO O PRAZO DE INSCRICIÓN |
Chegando pola Autovía do Barbanza (AG-11) ata o remate da mesma en Ribeira (Xarás), na primeira rotonda en dirección Noia, e na segunda rotonda en dirección ó polígono industrial (Avd. Ramiro Carregal). Ó final do polígono hai un aparcadoiro publico (subindo á man dereita, logo dun desguace de vehículos) no que deixar os coches para acceder andando ata a ermita (alí xa estarán os da organización dando indicacións).
DUCHAS - AVITUALLAMENTO FINAL |
Para chegar ao Centro Recreativo de Artes, podes guiarte polo mapa no que se visualizan as indicacións:
Xa temos os trofeos en exposición e tamén os obsequios que Revolutrion quere sortear entre os participantes ao remate da carreira. Lembrade que tanto as duchas, a entrega de premios coma o sorteo e avituallamento final (con callos quentes incluidos) será no CENTRO RECREATIVO DE ARTES a 2,5 km. da liña de meta (ver plano arriba). A xente do C.R. de Artes tamén abrirá as portas do Museo Etnográfico de Artes o domingo para todos podamos disfrutar das pezas alí expostas.
Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:
Dispoñemos dunha aplicación (APP) para teléfonos móviles co sistema operativo ANDROID, na que podes estar puntualmente informad@ das actividades levadas a cabo por Arousa Natureza e Ocio, ademais de consultar toda a información relevante de cada unha delas: regulamentos, incricións, mapas, fotografías, e clasificacións.
Só tes que buscala por "AROUSA" e xa podes instalala. Ou ben PREMER AQUÍ.
APP desenrolada por: Aplicaciones Móviles DeLaFuente.
|