30/11/2014: IIIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA (18 km. BTT + 5 km. Trail)
Día: 30 de novembro de 2014
Hora: 10:30 h.
Saída e chegada: Camping Ría de Arosa II-Balteiro-Ribeira
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 18 km. en BTT + 5 km. Trail
Custe inscrición: 12 € individual - 20 € equipo
Data límite inscrición: 23 de novembro (ou ata completar as plazas)
Límite de prazas: 250
PRESENTACIÓN
Para esta terceira edición do Duatlón Trail de Ribeira, modifícase e amplíase o percorrido do tramo de BTT (na edición anterior lle tocou ao Trail) en 3 km. con dous novos tramos co que pretendemos darvos cabida aos que gustan das pistas nun deles, e con máis off-road no segundo tramo incorporado.
Coma outra novidade incorporamos a participación por equipos, donde un dos membros participará na BTT e o outro no Trail. Pegádelle un vistazo ao regulamento todos os interesados en participar, pero especialmente os da modalidade de equipos xa que se especifica o xeito de facer a transición.
Igualmente que nas edicións anteriores, a saída e chegada, así coma a zona de transición estarán no Camping Ría de Arosa 2, no que se dispondrá de zona de aparcamento, duchas, e os avituallamentos.
Deixámosvos un pequeno video de presentación, e no que se recollen algún dos tramos do percorrido e algunhas imaxes da edición do ano pasado.
REGULAMENTO
PERCORRIDO:
- A saída darase Camping Ría de Arosa II, situado en Balteiro, parroquia de Olerios no concello de Ribeira as 10.30 horas.
- Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
- O percorrido desenrolarase maioritariamente nun circuito polo monte, constara de unha primeira parte na modalidade de ciclismo BTT con unha distancia de 18 kms. (nesta especialidade de ciclismo é obrigatorio o uso de casco), o primeiro kilómetro da probra BTT estará neurtralizada por un vehículo da organización; e continúa con unha segunda parte na modalidade de carreira a pé de 5 kms.
- A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
- A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
- Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
- Todo aquel atleta que no kilómetro 18 (tramo BTT) faga un tempo superior a 1 hora e 45 minutos queda descalificado e fora da proba. Establécese un tempo máximo de 2:20 horas para a realización da proba (BTT+Trail). A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura por parte da organización.
- A organización vai dispoñer de un box nas instalacións do camping para o rematar a primeira parte en bicicleta os participantes poidan deixar o mateiral e facer a transicción para a carreira a pé. A entrada na zona de box facerase a pé a partir dun punto debidamente balizado, o participante que non a respete e continue na bicicleta a partir dese punto será descalificado. No box soamente poden estar os atletas participantes, estando prohibido o acceso a calquer outra persoa allea a proba. O avituallamento intermedio vai estar instalado neste punto, constara de auga e froita.
PARTICIPANTES:
- O número máximo de inscritos será de 250.
- Crease unha modalidade por equipos de dúas persoas, na que un dos membros participará na modalidade de BTT e o outro na de Trail:
- O participante no Trail esperará a chegada do seu compañeiro nunha zona do Box reservada para eles.
- O participante na BTT entrará no Box e deixará a bicicleta no lugar asignado, e dirixirase ata o seu compañeiro/a para darlle a saída golpeando as máns. O incumplimento deste requisito conleva a descalificación do equipo.
- Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
- Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
- Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
- Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
- Finamento por accidente: 6.000 €
- Invalidez por accidente: 12.000 €
- Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA
- Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
- Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
- Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios (casco). Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
- Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
- A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
- Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
- A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.
- Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
- Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
MATERIAL:
- É obrigatorio o uso –adecuado- do casco no tramo de BTT.
- É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
- É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
- É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
- A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible (a altura do peito) ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
- A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
INSCRICIÓNS:
- Prazo de inscrición ábrese o 27 de Outubro e remata o 23 de Novembro.
- As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
- Prezo da inscrición é de 12 € para corredores individuais, e 20 € por equipo.
- A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
- Para realizar o pago podes facelo dos seguintes xeitos (FACER O PAGO SÓ DESPOIS DE ENCHER O FORMULARIO DA INSCRICIÓN):
- Efectivo:
- Arousa N. e O.: Rúa Lustres Rivas, 3 - Ribeira
- Revolutrion: Avd. da Coruña, 21 - Ribeira; Horario: 10:30 h - 14:00 h e de 17:30 h - 21:00 h
- SportBike: Rúa da Insua, 4 – Ribeira; Horario: 10:00 h – 14:00 h e de 17:00 h. – 21:00 h.
- Ingreso ou Tranferefencia Bancaria:
- IBAN ES22 0049 2948 2128 9503 4221 (Banco Santander) nos vindeiros 4 días do envío da solicitude.
- Poñer no concepto o/s nome/s da/s persoa/s pola/s que se realiza o ingreso.
- Prégase remitir por email o xustificante do ingreso/transferencia para acreditar axilmente o pago.
- Tarxeta ou Pay Pal:
- A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
- A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
- A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
- A organización disporá de avituallamento intermedio de líquido e froita situado na zona de transición entre as dúas probas.
- Disporase de un avituallamento final de líquido e froita na liña de meta.
- A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
- O Camping Ría de Arosa 2 pon a disposición dos atletas vestiarios e duchas no mesmo lugar da saída.
RETIRADA DE DORSAIS:
- O mesmo día da proba no lugar de saída, entre as 09:30 h. e 10:15 h.
- Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
- Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
TROFEOS:
- Recibirán trofeo:
- Os quince primeiros homes.
- As cinco primeiras mulleres.
- O primeiro equipo másculino.
- O primeiro equipo feminino. (Ao non ter nengún equipo feminino, pasase o trofeo a 2º equipo masculino).
- O primeiro equipo mixto (home-muller).
- Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.
DESCALIFICACIÓNS:
- Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
- Si o participante retira sinais da carreira.
- Si o participante non remata o percorrido.
- Si o participante non atende as indicacións da organización.
- Si o participante non porta o material obrigatorio.
- Si o participante atenta contra o medioambiente.
- Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
- Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
- Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
- Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
- A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase ao domingo día 7 de decembro.
- Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
- Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
- O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
Dende o Camping Rural Ría de Arosa 2, achégannos a seguinte información para facilitar o aloxamento dos participantes que o desexen:
Bungalow para 2 una noche 40 € dos noches 60 €
Bungalow para 4 .....................60 € .................... 100 €
Bungalow para 6 .....................70 € .....................120 €
Bungalow para 8 .....................80 € .....................140 €
En albergue una noche ...........8 € ..... dos noches 15 €
Furgoneta, coche-cama ó tienda: 16 € la noche (2 adultos, instalación, coche y luz)
Pensión completa: 19 €/persona (Desayuno/Comida/Cena)
Media pensión: 11 €/persona
Atención al cliente.
Camping Rural Ría de Arosa 2
Lugar Balteiro, s/n
15993 Oleiros - Ribeira
A Coruña
Telf: 981.86.59.11 *Reservas *(+34) 902 321 010 ~ (+34) 902 333 040
E-mail: rural@campingriadearosa.com (+34) 902 321 010 ~ (+34) 902 333 040
E-mail : playa@campingriadearosa.com
A xente de
Sportbike: Santi, Nelo, e Alfredo; van a estar no Duatlón Trail dando a asistencia mecánica en ruta cas novas bicis Focus eléctricas, co que terán maior movilidade para darvos o servicio a quen o precise.