Con motivo da Quinta Festa do Mexillón de Rianxo, a organización da festa quere presentar unha andaina que leve ós participantes a descubrir un dos concellos máis vencellados co mar e ca auga; por isto discorre polo paseo marítimo de A Torre, pola senda do río Te ata o lugar de Araño, e por parte das praias máis emblemáticas deste territorio que fai porta de entrada á bisbarra do Barbanza pola zona da ría de Arousa. Pero non só se vai poder camiñar e descubrir recunchos de beleza salvaxe, senon que tamén se vai poder degustar o producto típico que se ensalza estes días en Rianxo: o mexillón. Xa que cos 6 € da inscrición ademais de incluir o dereito a participar na andaina, o avituallamento ó longo do camiño, e a ducha ó remate; tamén teremos a posibilidade de degustar un prato de mexillóns con bebida (auga, refresco ou cervexa). Non só será unha xornada deportiva, senon tamén cultural (Rianxo é cuna de grandes escritores galegos que cas dúas verbas acompañarannos ó longo do paseo), e gastronómica e festiva.
O percorrido discorre polo paseo marítimo de A Torre, pola senda do río Te ata o lugar de Araño, e por parte das praias máis emblemáticas deste territorio. A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido. Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada. A organización non se inmiscuirá en como se realicen os tramos: correndo ou andando, sempre que se cumpra o horario máximo e non se moleste a outros participantes. O participante é o responsable de localizar as marcas que balizan o camiño e discorrer polo roteiro sinalado.
Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer. Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras. Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas. A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar). Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
MATERIAL:
É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ao avituallamento.
É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
A tódolos/as participantes facilitaráselle un carnet de ruta, que deberán presentar no avituallamento e na chegada para verificar que completou o percorrido.
A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
INSCRICIÓNS:
A organización disporá de avituallamento de líquido e solido ó longo do percorrido. Dispondrase de un avituallamento de líquido e froita e outras viandas na liña de meta. A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
O mesmo día da proba dende as 08:30 h. ata 15 min. Antes da saída.
Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
DESCALIFICACIÓNS:
Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso. A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
Agradecemos a colaboración das seguintes entidades: