21/09/2014: ANDAINA DE PORTO DO SON (30 km.) - Porto do Son

Día: 21 de setembro de 2014 
Hora: 09:00 h.
Hora límite: 15:30 h.
Distancia: 30 km.
Saída e chegada: A Atalaia - Porto do Son
Organiza: Arousa Natureza e Ocio e Concellalía de Deportes de Porto do Son
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio e Oficina de Deportes do Concello de Porto do Son - Atalaia, s/n.
Plazo de inscrición: 1 de setembro ao 18 de setembro do 2014
Custo da inscrición: 6 €
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

PRESENTACIÓN

Nesta andaina percorrerase a costa norte de Porto do Son, unindo por un sendeiro de costa e praia ca localidade de Portosín, pasando polas praias máis representativas e fermosas da zona: Aguieira, Coira, Ornanda, Pozo; para regresar ao punto de partida polo interior, coñecendo e transitando a pé de capelas, cruceiros, e pequenos núcleos de poboación cheos de encanto.

Prégase que antes de formalizar a inscrición, léase o regulamento con atención para acadar toda a información necesaria. Si ainda así non a consideras suficiente, podes poñerte en contacto con nós ou ca oficiña de deportes de Porto do Son donde completaremos esa información que precisas.

REGULAMENTO

PERCORRIDO:
  • O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e parcialmente de asfalto e será de 30 km. (aproximadamente) debidamente sinalizado con cinta vermella e branca e frechas amarelas.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
  • A organización non se inmiscuirá en como se realicen os tramos: correndo ou andando, sempre que se cumpra o horario máximo e non se moleste a outros participantes.
  • O participante é o responsable de localizar as marcas que balizan o camiño e discorrer polo roteiro sinalado.
PARTICIPANTES:
  • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: 6.000 €
    • Invalidez por accidente: 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar). Permítense participantes de idades inferiores, sempre que un adulto/titor se faga cargo e responsable da súa participación e o acompañe en todo momento. O non cumprimento desta obriga, permitirá a calquer membro da organización retirar ao menor e ao adulto que figure coma acompañante.
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
MATERIAL:
  • É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ao avituallamento.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
  • A tódolos/as participantes facilitaráselle un carnet de ruta, que deberán presentar no avituallamento e na chegada para verificar que completou o percorrido. 
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
INSCRICIÓNS:
  • As inscricións realizaranse a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Presencialmente pódense realizar na Oficiña de Deportes de Porto do Son (Rua Atalaia, s/n). Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • O prezo da inscrición é de 6 €.
  • A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
  • Para realizar o pago podes facelo dos seguintes xeitos:
    • Efectivo:
        • Arousa N. e O.: Rúa Lustres Rivas, 3 - Ribeira
        • Oficiña Deportes Concello de Porto do Son: Atalaia, s/n - Porto do Son
    • Ingreso ou Tranferefencia Bancaria:
        • IBAN ES22 0049 2948 2128 9503 4221 (Banco Santander)
        • Poñer no concepto o/s nome/s da/s persoa/s pola/s que se realiza o ingreso.
        • Prégase remitir por email o xustificante do ingreso/transferencia para acreditar axilmente o pago.
    • Tarxeta ou Pay Pal:
        • Non esqueza indicar os nomes das persoas polas que se fai o pago si é múltiple
        • Pódese pagar con PayPal ou con Tarxeta de Crédito (na segunda ventá pica na opción "No dispongo de una cuenta de PayPal" e xa se che facilita a posibilidade de pagar con distintas tarxetas).
  • O prazo de inscrición ábrese o 1 de setembro e péchase o 18 de setembro.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
AVITUALLAMENTOS:
  • A organización disporá de avituallamentos de líquidos e solidos ao longo do percorrido.
  • Dispondrase de un avituallamento de líquido e froita e outras viandas na chegada.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
RETIRADA DE ACREDITACIÓNS/CARNET DE RUTA:
  • O mesmo día da proba dende as 08:15 h. ata 10 min. Antes da saída.
  • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • Ao finalizar o roteiro os participantes están obrigados a presentar o carnet de ruta.
DESCALIFICACIÓNS:
  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da carreira.
  • Si o participante non remata o percorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
  • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
MAPA


Preme nas imaxes para ver en detalle

INSCRICIÓNS

 

REMATADO O PRAZO DE INSCRICIÓN


DISTANCIAS E TEMPOS:
Sponsors