INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN REGULAMENTO INSCRICIÓNS UBICACIÓN COMO CHEGAR AGRADECEMENTOS CONTACTA

PRESENTACIÓN

 

 

INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: 15 de novembro de 2015 
Hora: 10:00 h.
Saída e chegada: Camping Ría de Arosa II-Balteiro-Ribeira
Información: Arousa Natureza e Ocio
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 13 km.
Inscrición: Gratuita

Coincidindo cas celebracións do San Martiño na parroquia ribeirense de San Martiño de Oleiros, e da man da Asociación de Veciños Dolmen de Axeitos de Oleiros e da Asociación de Veciños de Carreira, aproveitamos para facer unha andaina polas terras de Oleiros recorrendo gran parte do percorrido que 15 días despois albergará o Duatlón Trail de Ribeira, polo que tamén pode ser unha boa oportunidade para recoñecer o terreo.

A saída terá lugar ás portas mesmas do Camping Ría de Arosa 2, que servirá tamén de punto de chegada. A dificultade da andaina é media-alta, non só pola distancia, senon porque hai un par de tramos con bastante pendiente ainda que de bo pisar (a dificultade técnica sería media-baixa). O percorrido discurrirá pola zona de Balteiro, Castelo, San Amedio, e Lobeiras. Paraxes todos eles de natureza salvaxe e con vistas cara a ría de Noia-Muros espectaculares.

Está prevista a hora de finalización as 13:00 h. En todo momento o grupo estará acompañado de monitores, aos que se deberá prestar atención ás súas indicacións.

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:

 

REGULAMENTO

  • Recoméndase atender ao seguinte:

    • Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
    • Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
    • Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
    • Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
    • Non se permiten animais de compañía.
    • Puntualidade na hora de saída.
    • A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
    • A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
    • NON se precisa inscrición previa, pero agradécese un correo a contacto@arousa.com notificando a dispoñibilidade a asistir.
    • A organización resérvase o dereito a modificar o percorrido, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

INSCRICIÓNS

Esta actividade non require inscrición previa. É gratuita.

UBICACIÓN

CÓMO CHEGAR

 

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 638 811 000

Email: contacto@arousa.com

Horario:
Luns a Venres 10:00 - 13:00 ; 17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 13:30

Envíanos unha mensaxe