PRESENTACIÓN

III Ultratrail do Barbanza
Día: 2 de maio de 2015 (prazo inscrición do 23 de marzo ao 27 de abril)
Hora: 9:30 h. RUTA A - 10:30 h. RUTA B [[IMPORTANTE]] MODIFICANSE OS HORARIOS DE SAIDA E SAIRÁN AS DÚAS RUTAS XUNTAS ÁS 10:00 h.
Distancia: 50 km. RUTA A - 25 km. RUTA B
Saída e chegada: Camping Ría de Arosa 2 - Balteiro (Ribeira)
Duchas: Camping Ría de Arosa 2
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Colabora: Concello de Ribeira, Asociación de Veciños de Carreira, Mancomunidade de Municipios Arousa Norte
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio www.arousa.com
Custo da inscrición: 25 € RUTA A - 15 € RUTA B
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono: 638811000

De novo a Ultratrail do Barbanza presenta un recorrido distinto respeto ás anteriores edicións. Novas distancias nas dúas rutas, máis asumibles para o corredor popular, e máis rápidas para os que desexen mellorar marcas dentro da súa particular loita ca montaña. Novos perfiles, esixentes e asumibles. Novas paisaxes, rincóns redescubertos, encanto natural en simbiose co medio.
Prometemos non decepcionar cos novos percorridos, disfrutables por tod@s aquel@s que vos animedes a participar nesta aventura, na que un ano máis tratamos de poñer todas as nosas gañas e interés en que a proba raiña dos trails no Barbanza sexa accesible para calquer corredor que desexe experimentala.
Estamos preparando unha bolsa do corredor do mais completa posible, froito dos acordos de colaboración e patrocinio; descontos nas reservas de aloxamento para que compartades cas vosas familias e parellas unha fin de semana espectacular, nun entorno preparado para tod@s.

A cronometraxe electrónica facerano a xente de GALITIMING., que nos facilitarán datos parciais dos pasos polos controis para que podades redibuxar a carreira unha vez rematada, facer o análise das vosas sensacións, e tratar de mellorar pensando na seguinte edición.

 

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

A Ultratrail do Barbanza está composta de dúas rutas cos seguintes detalles técnicos:

Distancia

Desnivel+

Pendiente máx.

Pendiente med.

Tempo max.

Avituallamentos

50 km.

2113 m.

52,2%

8,9%

9 h.

6

25 km.

1517 m

49,3%

12,1%

8 h.

4

REGULAMENTO

 

1. PERCORRIDO:

  1. a. O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e pode ser de 50 ou 25 km. debidamente sinalizado. O participante no momento da inscrición seleccionará o percorrido que desexa cubrir.
    b. A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
    c. A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
    d. Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada e nos controis intermedios.
    e. Establécense un tempo máximo de 9 horas para a realización da proba de 50 km. e de 8 horas para a de 25 km. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

2. PARTICIPANTES:

  1. a. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
    b. Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
    c. Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  2. d. Os participantes ao enviar o formulario de inscrición, declaran/aceptan/autorizan que:
    • - Mantiveron un adestramento adecuado á actividade física que supón a realización do evento segundo se informa nas características técnicas.
    • - NON padecen lesión algunha que poida agravarse a consecuencia da realización da proba, eximindo á organización de calquer responsabilidade derivada da mesma.
    • - E responsabilidade do participante facerse os test de saude, chequeos e probas médicas necesarias para verificar o seu estado de saude.
    • - Si o personal sanitario da proba ou calquer membro da organización estiman necesario para a súa saude que o participante abandone a proba, deberá facelo.
    • - Coñece as características técnicas da proba e debe ser consciente si -pola súa dureza- pode afrontala con garantías nas condicións físicas nas que se atope o día da celebración.
    • - Esta informado que hai tramos do percorrido abertos permanentemente ao tráfico rodado e peonil.
    • - Que antes ou durante a proba non consumirá sustancias prohibidas e consideradas coma dopping polas federacións deportivas.
  • e. Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    - Finamento por accidente: 10.000 €
    - Invalidez por accidente: 12.000 €
    - Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000 €
    - Rescates (incluindo evacuación): 40.000 €
    f. Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
    g. Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
    h. Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
    i. A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
    j. Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
    k. A organización facilitará o tempo final da proba.
    l. Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.

3. MATERIAL:

  1. a. É OBLIGATORIO antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
    b. É OBLIGATORIO levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
    c. É OBLIGATORIO levar un cortaventos e roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
    d. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
    e. A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

4. INSCRICIÓNS:

  1. a. As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
    b. O prezo da inscrición é de 25 € para a RUTA A - 50 KM, e de 15 € para a RUTA B - 25 KM.
    c. A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, camiseta técnica conmemorativa, bolsa do corredor, cronometraxe electrónico, productos enerxéticos e recuperadores, acceso aos avituallamentos intermedios e final, e descontos nas reservas de aloxamentos nos establecementos adheridos/colaboradores.
    d. A inscrición tramitarase do seguinte xeito:
    1. - Cumplimentar debidamente o formulario habilitado na web con TODOS os datos correctos.
      - IMPORTANTE: facilitar un email válido que se revise habitualmente e a organización empregará para poñerse en contacto cos inscritos.
      - Unha vez cuberto o formulario, facer o pago a través dalgúns dos medios que se detallan a continuación (si non se cubre previamente o formulario a organización non garante unha plaza só con facer o pago):
      1. Efectivo:
        1. Arousa N. e O.: Rúa Lustres Rivas, 3 - Ribeira
        2. Revolutrion: Avd. da Coruña, 21 - Ribeira; Horario: 10:30 h - 14:00 h e de 17:30 h - 21:00 h
        Ingreso ou Tranferefencia Bancaria (seleccionar pago en efectivo nas opcións de inscrición):
        1. IBAN ES22 0049 2948 2128 9503 4221 (Banco Santander) nos vindeiros 4 días do envío da solicitude.
        2. Poñer no concepto o/s nome/s da/s persoa/s pola/s que se realiza o ingreso.
        3. Prégase remitir por email o xustificante do ingreso/transferencia para acreditar axilmente o pago.
        Tarxeta ou Pay Pal:
        1. Non esquecer indicar o nome da persoa pola que se fai o pago.
        2. Pódese pagar con PayPal ou con Tarxeta de Crédito no intre en que se complete o proceso de inscrición.
  2. e. O prazo de inscrición ábrese o 23 de marzo e péchase o 27 de abril.
    f. A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
    g. A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
    h. A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
    i. Calquer modificación sobre a inscrición (cambio de RUTA A, para RUTA B, ou viceversa) hai que notificala ANTES do día 26.
    j. Os inscritos na RUTA B non poderán participar na RUTA A; no caso contrario permítese o cambio incluso o mesmo día da proba.

5. AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

  1. a. A organización disporá de avituallamento de líquido ó longo do percorrido situado nos seguintes puntos:
    1. RUTA A:
      1. - km. 10 Alto do Inxerto.
      2. - km. 19 Noceda
      3. - km. 28 Mosquete
      4. - km. 38 Río Pedras
      5. - km. 43 Chan das Brañas
    2. RUTA B:
      1. - km. 10 Alto do Inxerto.
      2. - km. 16 Río Pedras
      3. - km. 21 Chan das Brañas
  2. b. Dispondrase de un avituallamento de líquido e froita na liña de meta.
    c. No Camping Ría de Arosa 2, estará a disposición dos participantes o servicio de ducha e vestiario.
    d. A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.

6. RETIRADA DE DORSAIS:

  1. a. O mesmo día da proba dende unha hora antes ata 15 min. antes da saída.
    b. Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
    c. Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.

7. TROFEOS:

  1. a. Entregaranse trofeos repartidos do seguinte xeito para cada unha das rutas:
      1. • 3 primeiros homes da categoría senior (ata 39 anos)
        • 3 primeiras mulleres da categoría senior (ata 39 anos)
        • 3 primeiros homes da categoría veteráns (máis de 40 anos)
        • 3 primeiras mulleres da categoría veteráns (mais de 40 anos)
        • primeira muller e primeiro home da clasificación de corredoras locais (trofeo Concello de Riveira)
  2. b. A entrega de trofeos para os participantes na RUTA A, realizarase a partir das 18:00 h. nun espazo habilitado preto da liña de meta. Para os participantes na RUTA B realizarase a partir das 16:00 h. nun espazo habilitado preto da liña de meta.
  3. c. Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios

8. DESCALIFICACIÓNS:

  1. a. Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
    b. Si o participante retira sinais da carreira.
    c. Si o participante non remata o percorrido.
    d. Si o participante non atende as indicacións da organización.
    e. Si o participante non porta o material obrigatorio.
    f. Si o participante atenta contra o medioambiente.
    g. Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
    h. Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
    i. Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

9. OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

  1. a. Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
    b. A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto trasladaríase ao sábado día 9 de maio no mesmo horario.
    c. Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
    d. Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
    e. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
MAPAS:

RUTA A - 50 KM.

RUTA B - 25 KM.

Si desexas obter o track da ruta en formato .KML podes facelo en dous clicks:

LOCALIZACIÓN:

Deixámosvos un mapa ca localización exacta da saida e utilizando a ferramenta de "cómo chegar" facilitarásevos as indicacións.

TROFEOS

• 3 primeiros homes da categoría senior (ata 39 anos)
• 3 primeiras mulleres da categoría senior (ata 39 anos)
• 3 primeiros homes da categoría veteráns (máis de 40 anos)
• 3 primeiras mulleres da categoría veteráns (mais de 40 anos)
• primeira muller e primeiro home da clasificación de corredoras locais (trofeo Concello de Riveira)

ALOXAMENTOS:

Dende Arousa N. e O. e para facilitar a estancia dos participantes e seus acompañantes no día anterior e posterior ao Ultratrail do Barbanza, achegamos estas ofertas de aloxamento e outras alternativas de ocio: (indicar no momento da reserva que se vai participar no ULTRATRAIL DO BARBANZA)

  • - Camping Rural Ría de Arosa 2 (Ribeira-Balteiro) - 981 865 911:
  • · Por 3 noites (4 días) do xoves 30 de abril ó domingo 3 de maio:
    Bungaló 4 prazas especial: 160 € (IVE incluído)
    Bungaló 6 prazas: 180 € (IVE incluído)
    Bungaló 8 prazas: 210 € (IVE incluído)
  • · Por 2 noites:
    Bungaló 4 prazas especial: 140 €
    Bungaló 6 prazas: 150 €
    Bungaló 8 prazas: 160 €
  • · 1 noite:
    Bungaló 4 prazas especial: 77,35 €
    Bungaló 6 prazas: 83,87 €
    Bungaló 8 prazas: 97,01 €
  • · ALBERGUE:
    1 noche: 8 € por persona
    2 noches: 15 € por persona
    3 noches: 22 € por persona
  • · ACAMPADA: O prezo por noite para 2 adultos, 1 tenda ou caravana, 1 coche e electricidade sería de 16 €. Con nenos sería de 20 € por noite.

  • - Pensión Vagalume (Boiro) – 981 846 794:
    o Habitación individual: 20,00€
    o Habitación doble: 30,00€
    o Pensión completa: 30,00€ por persona y día
    o 1/2 pensión: 26,00€ por persona y día

  • - Hostal O Portiño (Rianxo) – 981 866 543:
    o habitacion doble para tres dias 75 € IVA no incluido
    o habitacion triple para tres dias 114 € IVA no incluido

  • - Pensión Punta Palleiro (Rianxo) - 646 76 96 03:
    o habitacion individual para tres dias 60 € IVA incluido
    o habitacion doble para tres dias 100 € IVA incluido.

  • - Casa Antigua de San José (Rianxo) – 609 80 50 09:
    o habitacion doble 50 € por día

  • - Aldea Os Muiños (Rianxo) – 981 863 374: (Ver ofertas en PDF)

  • - Restaurante Jenaro (Ribeira) – 981 87 47 43 - 658 93 90 91: (Ver ofertas en PDF)

  • - Hydronauta (Ribeira) – 981 875 286 – 659 582 138:
    o Inmersiones organizadas: de 35 a 55 € por persona (en función del alquiler del equipo necesario)
    o Ruta do Mexillón (jueves, viernes y sábados) – de 16:00-18:00 h: 20 €/pax.

AGRADECEMENTOS:

Dende Arousa N. e O. queremos agradecer a colaboración de:

  • Asociación de Veciños de Carreira
  • Revolutrion
  • Salomon
  • Mancomunidade de Municipios Arousa Norte
  • Concello de Riveira
  • Runaway Jim Sports
  • 226ERS
  • Proteina Natural Ribeira
  • Camping Ría de Arosa 2
  • SportBike
  • Almacenes Juan Pego
  • Nuevo Noruego Bar
  • Ecoplás
  • Limpezas Rebruxa
  • A Casita Records
Sponsors