INTRODUCCIÓN

O deporte da orientación vive unha época doce. O auxe desta disciplina deportiva maniféstase no incremento paulatino e continuo no número de practicantes e no número, tamén, de licencias deportivas. A nosa comunidade , sen ir máis lonxe, é unha das poucas nas que o número de licencias deportivas medra cada ano e, ademáis, sitúase na cabeza dos territorios neste aspecto. Somos conscientes de que para acadar un achegamento ó público, debemos manexar varias fontes. Unha delas son os cursos de iniciación. Ós clubes deportivos correspóndenos as labores de presentacióbn básica do noso deporte, introducindo ao usuario nas caracteríticas particulares da modalidade, presentándolle aqueles aspectos específicos, técnicos, regulamentarios que lles axuden a profundizar na disciplina. O noso deporte ten un compñente técnico moi específico, baseado na capacidade de orientación, onde se manexan recursos que nada teñen que ver coas capacidades físicas, técnico-tácticas ou regulamentarias dos deportes que habitualmente practicamos. De ahí a necesidade de aproximarse á modalidade dun xeito ordenado e dirixido. Este proxecto que estamos a presentar, tenta precisamente iso: permitir un achegamento ordenado e estruturado á orientación deportiva. O formato escollido é un taller de contidos básicos, apto para todo tipo de usuario, de nivel iniciación, e dividido en varias sesións. En cada unha delas, preténdese dar tratamento a un aspecto concreto da orientación, comenzando polas caracteríticas esenciais, os elementos regulamentarios e técnicos máis relevantes e pasando pola práctica de diferentes técnicas específicas, ata chegar a realizar unhas prácticas reais en mapa.

OBXECTIVOS:
  • Dar a coñecer a orientación Deportiva como un medio de actividade deportiva saudable, familiar e en contacto coa natureza.
  • Favorecelo achegamento dos usuarios a esta modalidade deportiva, a través da simplificación dos detalles técnicos específicos deste deporte.
  • Preparar ós usuarios para a posibilidade dunha participación futura nalgunha proba oficial.
  • Promover unha práctica deportiva diferente, moi en consonancia coa demanda da sociedade actual con respecto a actividade física.
DESTINATARIOS:

Aberto a calqueira grupo de idade. So se esixe ter autonomía na lectura e na interpretación de información básica escrita. Debe recoller diversas motivacións, dende a vinculada con atopar unha práctica física adecuada, ata as manifestacións competitivas puras. Polo tanto, todo aquel que queira coñecer esta modalidade, participando nesta proposta, de seguro que atopará os eu lugar.

LOCALIZACIÓN:

O taller desenrolarase en Riveira, aínda que, dadas as características do mesmo, vai ser necesario algún desprazamento, sobre todo para a realización das prácticas con mapas reais. De todas formas, podemos distinguir duas partes ben diferenciadas no taller:

METODOLOXÍA:

A estrutura que consideramos máis axeitada para desenvolver os contidos que deseñamos baséase ba combinación de sesións teóricas e prácticas. Nos apartados prácticos empregaremos o recurso de pequeno grupo , impulsando a participación dos usuarios na resolución dos problemas planeados. No apartado teórico, centrarémonos en asumir un rol informador e motivador, de cara a espertar a curiosidade nos participantes, a través dunha comunicación clara, precisa e incentivadora.

TEMPORALIZACIÓN:

  • Venres 9 de xaneiro / 19:00 - 22:00 hs / Sesión teórica na aula de interpretación do Parque Periurbánd de San Roque
  • Sábado 10 de xaneiro / 10:00 - 13:00 hs / Práctica en pequeno grupo / lugar a determinar o día anterior.
  • Sábado 10 de xaneiro / 18:00 - 21:00 hs / Orientación urbana / lugar a determinar o día anterior
  • Domingo 11 de xaneiro / 10:00 - 13:00 hs / Relevos / lugar a determinar o día anterior.

MONITORADO:

O cursos será impartido por monitores especializados da Asociación Deportiva Arnela.

ORGANIZAN:

  • Club Natural Sport (seccións de montaña e canicross).
  • Arousa Natureza e Ocio.

COLABORAN:

  • Concello de Riveira
  • Epadhax
  • Pereira Productos del Mar
  • Serdeco

Sponsors