INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN REGULAMENTO INSCRICIÓNS CONTACTA

PRESENTACIÓN

 

INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: 13 de novembro de 2016 
Hora: 10:00 h.
Saída e chegada: Centro Social de Oleiros
Información: Arousa NeO e AA. VV. Dolmen de Axeitos
Páxina web: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 10 km. (aprox.)
Nivel dificultade: Baixa

Custe inscrición: Gratuita - Precísase cubrir formulario de inscrición.

Segunda edición da Andaina do San Martiño, na parroquia de Oleiros (non podía ser noutro lado!). Cun percorrido distinto ao do ano pasado, máis sinxelo, e por outra zona totalmente distinta de San Martiño de Oleiros. Disfrutando da Senda do Rio Arlés, o Dolmen de Axeitos, a capela da Sagrada Familia en Campelos e un Forno de Tella; que amosarán parte da riqueza natural e patrimonial deste enclave de Ribeira.

A AA.VV. Dolmen de Axeitos quere celebrar deste xeito tan participativo a festividade do seu patrón.

Está prevista a hora de finalización as 13:00 h. En todo momento o grupo estará acompañado de monitores, aos que se deberá prestar atención ás súas indicacións.

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:

Como se pode comprobar no perfil da ruta, non se aprecia moita elevación (179 m+):

Preme para ver a maior tamaño

 

REGULAMENTO

  • Recoméndase atender ao seguinte:

    • Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
    • Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
    • Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
    • Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
    • Non se permiten animais de compañía.
    • Puntualidade na hora de saída.
    • A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
    • A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
    • Precísase inscrición previa.
    • A organización resérvase o dereito a modificar o percorrido, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

INSCRICIÓNS

 

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)
Teléfono: 638 811 000
Email: contacto@arousa.com

Envíanos unha mensaxe