INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN RECOMENDACIÓNS INSCRICIÓNS EMBARQUE CONTACTA

Andaina Illas Cies
Andaina Illas Cies

Andaina Illas Cies

PRESENTACIÓN

Con saida ás 9:00 h. dende o Porto Deportivo de Ribeira, un catamarán recollerá a tod@s os que desexen participar desta actividade para trasladalos ata a Illa do Medio do Arquipélago das Illas Cíes, pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas chegando alí ás 10:45 h. (aprox.).

Ofrécese a posibilidade de realizar unha ruta de sendeirismo guiada que pasará polos seguintes puntos: Praia de Rodas, Pedra da Campá, Faro de Cíes, Faro da Porta, praia da Nosa Señora, cunha distancia arpx.de 7 km. e de unhas dúas horas (aprox.) e recoméndase seguir as instruccións que faciliten os monitores. A dificultade da ruta é media sendo apta para calquer idade. Unha vez rematada a andaina citarase a unha hora e nun punto do porto a todos os participantes para o embarque de regreso que será a partir das 18:30 h (aprox.)

Na illa existen múltiples rutas de sendeirismo que se poden facer por libre e que están perfectamente sinalizadas, por si alguén está interesado en continuar coñecendo as illas no resto da xornada.

INFORMACIÓN

Día: 26 de XUÑO de 2016
Hora: 09:00 h.
Saída e chegada: Porto Deportivo – RIBEIRA (A Coruña) // Saida: 9:00 h. (embarque) // Chegada: 20:30 h. (aprox.)
Inscricións:

  • persoas a partir de 13 anos (incluidos): 19 €
  • nenos de 4 a 12 anos incluidos: 12 €
  • nenos menores de 4 anos gratis. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

Prazas: 400
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

 

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:


RECOMENDACIÓNS  

Recoméndase atender ao seguinte:

  • - Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
  • - A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
  • - Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
  • - Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
  • - Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
  • - Non se permiten animais de compañía.
  • - Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
  • - Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
  • - A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
  • - A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
  • - Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
  • - O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Rua Lustres Rivas, 3 - baixo (Ribeira) ou en Revolutrion (Avd. da Coruña, 21 - Ribeira).
  • - NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
  • - O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
  • - O embarque será ás 18:15 h. A saida de Cies será ás 18:30 h. A chegada a Ribeira será ás 20:00 h.
  • - A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

INSCRICIÓNS

PRAZO REMATADO!

EMBARQUE

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 638 811 000

Email: contacto@arousa.com

Horario:
Luns a Venres 10:00 - 13:00 ; 17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 13:30

Envíanos unha mensaxe