INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN REGULAMENTO CLASIFICACIÓN RECORRIDO COMO CHEGAR AGRADECEMENTOS CONTACTA

PRESENTACIÓN

 

INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: 6 de novembro de 2016 
Hora: 10:30 h.
Saída e chegada: Camping Ría de Arosa II-Balteiro-Ribeira
Información: Arousa NeO
Inscricións: www.galitiming.com

Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 1,5 km. Trail + 18 km. en BTT + 6,5 km. Trail
Custe inscrición: 16 € individual - 26 € equipo. Existe a posibilidade de bonificar este importe inscribíndose para o DUATLÓN TRAIL DA POBRA simultaneamente. Nese caso o custe sería 28 € pola inscrición individual e 48 € pola do equipo.
Data límite inscrición: 30 de outubro (ou ata completar as plazas)
Límite de prazas: 250

Chegamos ata a quinta edición deste consolidado Duatlón Trail no calendario con importantes novidades. A primeira delas e a destacar é o cambio de data para o primeiro fin de semana de novembro, e a segunda e a nivel deportivo a inserción dun pequeno tramo de trail na saida co que esperamos dar atendidas as peticións que nos facíades chegar de incorporar unha segunda transición, e ademais alargar un pouco máis a proba. O tramo, coma de costumbre, será breve pero intenso.

Respetamos o segundo tramo de Trail que tanto vos gustou o ano pasado, e esperamos que o disfrutedes coma mínimo igual que sempre. Tamén respetamos o trazado en BTT ainda que sempre quedará sitio para algunha sorpresa. Xa sabedes como as gastamos, e non queremos deixar de sorprendervos.

Sobre a competición en si mesma, atención aos premios e ás variacións sobre todo nos trofeos para os equipos: teremos premios para os TRES PRIMEIROS EQUIPOS independientemente si son masculinos, femeninos ou mixtos; ainda que para competir en igualdade de condicións bonificaranse as categorías con 15 minutos ao equipo mixto, e con 40 minutos ao equipo femenino.

E por último unha pequena variación respeto do custe da inscrición: aqueles participantes que se inscriban para o DUATLÓN TRAIL DA PROBA (27/11/2016) abonarán 28 € polas dúas probas, e os equipos 48 €. Toda a información sobre o DUATLÓN TRAIL DA PROBA na páxina específica dese evento.

Nesta edición tamén contamos con cronometraxe dual RFD mediante chip a cargo de Galitiming, pantalla con resultados en directo, reloxos electrónicos con crono na liña de meta e na transción, camiseta técnica conmemorativa, e dorsal personalizado en Tyvek.

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:

Os perfiles dos dous tramos son os que quedan nesta imaxe (premendo sobre ela verédela a maior resolución):

Preme para ver a maior tamaño

No mapa indicamos as mellores posicións para os afeccionados que desexen seguir a proba, tanto para dar ánimos como para tomar algunhas fotografías, ainda que sen lugar a dúbidas o mellor punto é a aldea de Balteiro xa que por alí chegan a pasar os participantes ata 5 veces en moi poucos metros:

REGULAMENTO

  • A saída darase Camping Ría de Arosa II, situado en Balteiro, parroquia de Olerios no concello de Ribeira as 10.30 horas. 
  • Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
  • O percorrido desenrolarase maioritariamente nun circuito polo monte, constara de unha primeira parte nun recorrido de 1,5 km. na modalidade de carreira a pé, un segundo tramo na modalidade de ciclismo BTT con unha distancia de 18 kms. (nesta especialidade de ciclismo é obrigatorio o uso de casco), e continúa con unha segunda parte na modalidade de carreira a pé de 6,5 kms.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.  
  • Todo aquel atleta que na segunda transición do kilómetro 18 (tramo BTT) faga un tempo superior a 2 horas queda descalificado e fora da proba. Establécese un tempo máximo de 2:45 horas para a realización da proba (Trail+BTT+Trail). A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura por parte da organización.
  • A organización vai dispoñer de un box  nas instalacións do camping para que os participantes poidan deixar o mateiral e facer as transiccións. A entrada de BTT na zona de box facerase a pé a partir dun punto debidamente balizado, o participante que non a respete e continue na bicicleta a partir dese punto será descalificado. No box soamente poden estar os atletas participantes, estando prohibido o acceso a calquer outra persoa allea a proba. O avituallamento intermedio vai estar instalado neste punto durante a segunda transición, constara de auga. 
PARTICIPANTES:
  • O número máximo de inscritos será de 250.
  • Crease unha modalidade por equipos de dúas persoas, na que un dos membros participará na modalidade de BTT e o outro nas de Trail:
    • @ participante no Trail tomará a saida na primeiro tramo e daralle o relevo ao compañeir@ nunha zona do Box reservada para eles.
    • @ participante na BTT entrará no Box e deixará a bicicleta no lugar asignado, e dirixirase ata o seu compañeiro/a para darlle a saída golpeando as máns. O incumplimento deste requisito conleva a descalificación do equipo.
  • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: 6.000 €
    • Invalidez por accidente: 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios (casco). Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
  • A organización facilitará o tempo final da proba.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas (esprai laranxa e cintas de tela laranxas) que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
MATERIAL:
  • É obrigatorio o uso –adecuado- do casco no tramo de BTT.
  • É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
  • A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible (a altura do peito) ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal. 
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
INSCRICIÓNS:
  • Prazo de inscrición ábrese o 10 de Outubro e remata o 30 de Outubro (ou ata agotar as prazas)
  • As inscricións realizaranse a través da web www.arousa.com ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • Prezo da inscrición é de 16 € para corredores individuais, e 26 € por equipo. Existe a posibilidade de bonificar este importe inscribíndose para o DUATLÓN TRAIL DA POBRA simultaneamente e abonando 28 € pola inscrición individual e 48 € pola do equipo.
  • A inscrición da dereito a participar na proba, servizo de cronometraxe electrónico con tempo final e intermedio, dorsal personalizado, regalo cortesía, cobertura do seguro, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
  • A organización disporá de avituallamento intermedio de líquido situado na zona de transición entre as dúas probas.
  • Disporase de un avituallamento final de líquido e froita na liña de meta.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
  • O Camping Ría de Arosa 2 pon a disposición dos atletas vestiarios e duchas no mesmo lugar da saída.
RETIRADA DE DORSAIS:
  • O mesmo día da proba no lugar de saída, entre as 09:30 h. e 10:15 h.
  • Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • E imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a tivera presentado.
TROFEOS:
  • Recibirán trofeo:
    • Os 10 primeiros homes.
    • As 3 primeiras mulleres.
    • Os tres primeiros equipos: aos que se lles aplicará unha bonificación de 15 minutos aos equipos mixtos e de 40 minutos aos equipos nos que os dous integrantes sexan féminas.
    • O clube máis numeroso (deben inscribirse todos os participantes -tanto os que participen na categoría individual coma por equipos- co mesmo nome de equipo, sen variacións).
    • O/A participante máis veteran@.
    • Ao mérito deportivo: a organización atendendo ao comportamento en carreira dos participantes e á súa conducta deportiva designará o gañador/a.
  • Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.
DESCALIFICACIÓNS:
  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da carreira.
  • Si o participante non remata o percorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
  • Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
    • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
    • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase ao domingo día 7 de decembro.
    • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
    • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
    • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

     

CLASIFICACIÓN

 

RECORRIDO

CÓMO CHEGAR

 

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)
Teléfono: 638 811 000
Email: contacto@arousa.com

Envíanos unha mensaxe