INFORMACIÓN TÉCNICA
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.galitiming.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Custe inscrición: 30 € Trail Series - 8 € cada proba individualmente
Data límite inscrición: 24 de xaneiro do 2016 (para o Trail Series, o prazo de cada proba individual fixarase no regulamento propio da proba)
Na edición 2016 do Arousa Revolutrion Trail Series [ARTS2016] propoñemos un circuito de 4 probas a desputar nos 4 concellos que conforman a Mancomunidad de Municipios Arousa-Norte: Ribeira, Rianxo, Boiro e Pobra do Caramiñal. Mantendo a esencia dos trails da primeira edición e ampliando en unha proba mais o circuito presentamos 4 competicións con características únicas cada unha delas, que vos facerán disfrutar dun entorno e duns lugares nos que algúns vos resultarán familiares pero outros totalmente descoñecidos.
As datas e as probas serán as seguintes:
- Riveira- Trail de San Alberte: 31 de Xaneiro - 14 km. (475 m. desnivel+)
- Pobra do Caramiñal - Trail de San Isidro: 21 de Febreiro - 13 km. (523 m. desnivel+)
- Boiro - Trail de Bealo: 6 de Marzo - 14 km. (445 m. desnivel+)
- Rianxo - Trail de Castro Barbudo: 3 de Abril - 13 km. (490 m. desnivel+)
PERFIL DE SAN ALBERTE
|
PERFIL DE SAN ISIDRO
|
PERFIL DE BEALO
|
PERFIL DE CASTRO BARBUDO
|
A inscrición para participar no circuito e que dará dereito a competir nas catro probas cun único pago e única xestión de inscrición facerase entre o 28 de decembro e o 24 de xaneiro, o importe por participar nas 4 competicións é de 30 € e permitirache acceder ao obsequio inicial que retirarás na primeira proba coma participante no ARTS2016 e ao obsequio de "finalista" so con completar o circuito rematando dentro dos tempos máximos establecidos para cada proba.
Ademais de figurar na clasificación de cada unha das probas, establecerase unha clasificación xeral para os inscritos no Arousa-Revolutrion Trail Series 2016 cas distintas categorías e premios:
|
Categoría Masculina |
Categoría Femenina |
Categoría Parellas |
1º posto |
Zapatillas Trail New Balance
Valoración Fisiolóxica - Ecosport
|
Zapatillas Trail New Balance
Valoración Fisiolóxica - Ecosport |
1 º Parella Masculina - Lote productos 226ERS
2 Valoraciones Antropométricas - Ecosport |
2º posto |
Cortaventos New Balance
Valoración Neuromuscular - Ecosport |
Cortaventos New Balance
Valoración Neuromuscular - Ecosport |
1º Parella Feminina - Lote productos 226ERS
2 Valoraciones Antropométricas - Ecosport |
3º posto |
Prenda Técnica New Balance
Valoración Antropométrica - Ecosport |
Prenda Técnica New Balance
Valoración Antropométrica - Ecosport |
1º Parella Mixta - Lote productos 226ERS
2 Valoraciones Antropométricas - Ecosport |
Corredor/a +veteran@ |
60 € - Vale de compra "El Corte Inglés" - Cortesía de Omega Consultores |
|
|
|
|
|
|
|
Como podes ver créase unha nova categoría por parellas, na que os integrantes do equipo poden ser home/home, muller/muller, ou home/muller, e o tempo do equipo será o promedio dos dous integrantes, e a clasificación elaborarase igual que a individual computando en primeiro lugar o que menos tempo acade en cada unha das probas. Si algún dos membros do equipo non pudera disputar algunha das probas o integrante do equipo que sí se presentara a participar pasaría á clasificación individual, ainda que o equipo perdería a opción de optar aos premios coma equipo xa que é imprescindible para poder acceder a eles, participar en todas as probas do circuito.
Dende a organización estamos tratando de ampliar o número de premiados, e publicarase nesta web a ampliación e características de cada un dos premios. A entrega dos premios celebrarase ao rematar a cuarta proba do Arousa-Revolutrion Trail Series 2016 en Castro Barbudo (Rianxo).
|