INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN REGULAMENTO INSCRICIÓNS UBICACIÓN COMO CHEGAR AGRADECEMENTOS CONTACTA
 

 

PRESENTACIÓN

REINVENTADO!! Así como o podes ler. Non nos quixemos limitar a un cambio de recorrido con algunhas melloras como viñemos facendo en anos anteriores: cambiamos totalmente o recorrido, lugar de saida, de transición, e de meta. Novos horizontes, novas rutas, novos sendeiros, nun lugar cheo de encanto que xa vos tiña enganchados doutras probas que sairan das nosas mans: o Monte de San Alberte!!!

Con saida e chegada "urbana" e a carón do mar: da Praia de Coroso (concretamente do aparcadoiro/merendeiro), para en apenas uns centos de metros estar rodando cas bicicletas rumbo á ermita de San Alberte. Coma sempre, espéranvos pistas, e sobre todo sendeiros con vertixinosas baixadas que tanto agradecedes. Un primeiro tramo en BTT -con saida neutralizada, coma nas primeiras edicións- de 16,5 km. para logo facer a transición no parque biosaludable de Coroso, e sair a toda zapatilla rumbo á Carballa, adentrándose nos seus bosques salpicados de antigos muiños, rochas chegas de historia (Petroglifo da Pedra das Cabras), e regos de escorrentías de auga que alimentan o bosque... e todo eso só nos primeiros kilómetros, porque logo toca disfrutar da costa! Nunha volta de tuerca ao tramo do trail conseguimos plantar as vosas zapatillas na praia de Coroso e facer os último km. polos sendeiros e paseo a carón da praia, e disfrutar dunha espectacular entrada nunha meta situada no mellor enclave de Ribeira.

Coma en edicións anteriores, tanto si practicas o duatlón, o trail, ou o BTT, hai unha plaza para tí: porque podes participar por equipos facendo un dos dous integrantes o tramo en BTT e o outro o tramo de Trail, tanto na modalidade home-home, muller-muller, home-muller. Atende ás bonificacións de cada tipo de equipo, están á túa disposición no regulamento.

E isto non é todo: podes conseguir a túa camiseta personalizada co teu nome, o do teu equipo. Atento ao formulario de inscrición no que se che preguntará si che interesa levar a camiseta de recordo totalmente personalizada.

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:
   
 


INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: 19 de novembro de 2017 
Hora: 
10:30 h.
Saída e chegada: 
Parque Biosaludable de Coroso (Praia de Coroso)
Información: 
Arousa NeO
Inscricións: www.galitiming.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 
638 811 000
Distancia:
16,5 km. en BTT + 7 km. Trail
Custe inscrición:
15 € individual - 25 € equipo. (3 € + camiseta ca inscrición individual; 6 € + 2 camisetas ca inscrición do equipo)
Data límite inscrición:
12 de novembro, ou ata completar as plazas. (Para inscrición CON camiseta, só podrase facer ata o 9/11/2017 ás 10:00 h)
Límite de prazas:
230
Colabora: Sachacamiños Clube de Montaña, Asociación de Veciños de Carreira, Senda XXI, Concello de Riveira e Asoc. de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira

PERFIL BTT

PERFIL TRAIL

PERCORRIDO (Provisional)


REGULAMENTO

  • A saída darase no Parque Biosaludable de Coroso, situado en Riveira, as 10.30 horas. 
  • Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
  • O percorrido desenrolarase maioritariamente nun circuito polo monte, constara de unha primeira parte cun recorrido de 16,5 km. na modalidade de ciclismo BTT (nesta especialidade de ciclismo é obrigatorio o uso de casco) e un segundo tramo na modalidade de carreira a pé de 7 kms.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.  
  • Todo aquel atleta que na transición do kilómetro 16,5 (tramo BTT) faga un tempo superior a 1:45 horas queda descalificado e fora da proba. Establécese un tempo máximo de 2:30 horas para a realización da proba completa (BTT+Trail). A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura por parte da organización.
  • A organización vai dispoñer de un box para que os participantes poidan deixar o material e facer as transiccións. A entrada de BTT na zona de box facerase a pé a partir dun punto debidamente balizado, o participante que non a respete e continue na bicicleta a partir dese punto será descalificado. No box soamente poden estar os atletas participantes, estando prohibido o acceso a calquer outra persoa allea a proba. O avituallamento intermedio vai estar instalado neste punto durante a segunda transición, constara de auga.

PARTICIPANTES:

  • O número máximo de inscritos será de 230.
  • Crease unha modalidade por equipos de dúas persoas, na que un dos membros participará na modalidade de BTT e o outro na de Trail:
    • @ participante na BTT entrará no Box e deixará a bicicleta no lugar asignado, e dirixirase ata o seu compañeiro/a para darlle a saída intercambiando o chip electrónico. O incumplimento deste requisito conleva a descalificación do equipo.
  • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: 10.000 €
    • Invalidez por accidente: 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados: Ilimitada
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios (casco). Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • A organización facilitará o tempo final da proba. Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas (esprai laranxa e cintas de tela laranxas) que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

MATERIAL:

  • É obrigatorio o uso –adecuado- do casco no tramo de BTT.
  • É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
  • A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible (a altura do peito) ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal. 
  • Aos participantes entregaráselle un chip electrónico que debe portar durante toda a proba no lugar indicado para facelo. Este chip debe entregalo ao finalizar a proba, si non se devolve debe abonar o importa á empresa de cronometraxe da proba.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

INSCRICIÓNS:

  • Prazo de inscrición ábrese o 23 de outubro e remata o 12 de Novembro (ou ata agotar as prazas)
  • As inscricións realizaranse a través da web www.arousa.com  ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • Prezo da inscrición é de 15 € para corredores individuais, e 25 € por equipo.
  • A inscrición da dereito a participar na proba, servizo de cronometraxe electrónico con tempo final e intermedio, dorsal personalizado, regalo cortesía, cobertura do seguro, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

  • A organización disporá de avituallamento intermedio de líquido situado na zona de transición entre as dúas probas.
  • Disporase de un avituallamento final de líquido e froita na liña de meta.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
  • O servicio de duchas será no Polideportivo da Fieiteira

RETIRADA DE DORSAIS:

  • O mesmo día da proba no lugar de saída, entre as 09:30 h. e 10:15 h.
  • Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • E imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a tivera presentado.

TROFEOS:

  • Recibirán trofeo:
    • Os 3 primeiros homes da categoría veterán (> 45 anos; nados no 1972 ou anteriores).
    • Os 3 primeiros homes da categoría senior (<45 anos; nados despois do 1972)
    • As 3 primeiras mulleres da categoría veterán (>40 anos; nados no 1977 ou anteriores).
    • As 3 primeiras mulleres da categoría senior (<40 anos; nados despois do 1977).
    • Os tres primeiros equipos: aos que se lles aplicará unha bonificación de 12 minutos aos equipos mixtos e de 25 minutos aos equipos nos que os dous integrantes sexan féminas.
    • O clube máis numeroso (deben inscribirse todos os participantes -tanto os que participen na categoría individual coma por equipos- co mesmo nome de equipo, sen variacións).
    • O/A participante máis veteran@ que remate a carreira individual.
    • Ao mérito deportivo: a organización atendendo ao comportamento en carreira dos participantes e á súa conducta deportiva designará o gañador/a.
  • Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.

DESCALIFICACIÓNS:

  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da carreira.
  • Si o participante non remata o percorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • Si o participante non deposita os residuos xerados por él nos recipientes habilitados pola organización
  • Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
  • Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.


OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

  • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
  •  organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase ao domingo día 26 de Novembro.
  • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

 

INSCRICIÓNS

Si desexas tramitar a túa inscrición a través doutro medio de pago que non sexa por tarxeta, contacta con nós por email ou messenger de Facebook e facémosche saber outras posibilidades.

UBICACIÓN

CÓMO CHEGAR

 

DENDE SANTIAGO DE COMPOSTELA: 66 Km. - 51 min.

DENDE VIGO: 93 Km. 1 h. 8 min.

   

AGRADECEMENTOS

 

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 638 811 000

Email: contacto@arousa.com

Horario:
Luns a Venres 10:00 - 13:00 ; 17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 13:30

Envíanos unha mensaxe