INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN RECOMENDACIÓNS INSCRICIÓNS EMBARQUE CONTACTA

PRESENTACIÓN

Roteiro de sendeirismo pola Illa de Ons, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. A saida será do Porto Deportivo de Ribeira ás 9:15 h. e chegarase á Illa de Ons ás 10:15 h. (aprox.). Unha vez alí iniciarase un roteiro que levará aos que desexen participar dela: Miradoiro de Fedorentos, Burato do Inferno, e Faro de Ons, cunha distancia de 8 km. e de unhas dúas horas (aprox.). A ruta será guiada por monitores e recoméndase seguir as instruccións que faciliten. A dificultade é media sendo apta para calquer idade.

 
Andaina Illa de Ons - 2021 

 

INFORMACIÓN

  • Día: 29 de xuño de 2024
  • Hora: 09:15 h.
  • Saída e chegada: Porto Deportivo – RIBEIRA (A Coruña) // Saida: 9:15 h. (embarque) // Chegada: 20:00 h. (aprox.)
  • Inscricións:
    • persoas de 13 anos (incluidos) e maiores: 20 €
    • nenos de 4 a 12 anos incluidos: 14 €
    • nenos menores de 3 anos gratis. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
  • Prazas: 200
  • Páxina web oficial: www.arousa.com
  • E-mail: contacto@arousa.com

RECOMENDACIÓNS  

Recoméndase atender ao seguinte:

  • Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
  • A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
  • Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
  • Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
  • Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
  • Non se permiten animais de compañía.
  • Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
  • Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
  • A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
  • Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
  • O pago da inscrición facerase na conta bancaria ES80 2100 4373 9402 0018 5544 nos vindeiros 2 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Rua Lustres Rivas, 3 - baixo (Ribeira) os xoves, venres de 18:30 a 20:00 h, e os sábados de 11:00 a 13:00 h.
  • NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
  • O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
  • Ca inscrición xa se xestiona o ticket de acceso ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
  • O embarque será ás 18:30 h. A saida de Ons será ás 18:45 h. A chegada a Ribeira será ás 19:45 h.
  • A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

INSCRICIÓNS


LISTADO DE INSCRITOS

EMBARQUE

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 638 811 000

Email: contacto@arousa.com