Roteiro de sendeirismo pola Illa de Ons, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. A saida será do Porto Deportivo de Ribeira ás 9:15 h. e chegarase á Illa de Ons ás 10:15 h. (aprox.). Unha vez alí iniciarase un roteiro que levará aos que desexen participar dela: Miradoiro de Fedorentos, Burato do Inferno, e Faro de Ons, cunha distancia de 8 km. e de unhas dúas horas (aprox.). A ruta será guiada por monitores e recoméndase seguir as instruccións que faciliten. A dificultade é media sendo apta para calquer idade.
INFORMACIÓN
Día: 25 de maio de 2025
Hora: 09:15 h.
Saída e chegada: Porto Deportivo – RIBEIRA (A Coruña) // Saida: 9:15 h. (embarque) // Chegada: 20:00 h. (aprox.)
Inscricións:
persoas de 13 anos (incluidos) e maiores: 20 €
nenos de 4 a 12 anos incluidos: 14 €
nenos menores de 3 anos gratis. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
Prazas: 200
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com
RECOMENDACIÓNS
Recoméndase atender ao seguinte:
Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
Non se permiten animais de compañía.
Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
O pago da inscrición facerase na conta bancaria ES80 2100 4373 9402 0018 5544 nos vindeiros 2 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Rua Lustres Rivas, 3 - baixo (Ribeira) os xoves, venres de 18:30 a 20:00 h, e os sábados de 11:00 a 13:00 h.
NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
Ca inscrición xa se xestiona o ticket de acceso ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O embarque será ás 18:30 h. A saida de Ons será ás 18:45 h. A chegada a Ribeira será ás 19:45 h.
A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.