AROUSA NORTE 2018

REVOLUTRION TRAIL SERIES

29/4/2018

A Serra do Barbanza lánzache un desafío.

Queres vivilo?

INSCRICIÓNS E CLASIFICACIÓNS

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro 16 de outubro, e permanecerá aberto ata o 22 de abril os prezos por recorrido son os seguintes:

 

RUTA A - 60 Km: 35,00 € co xantar e o dispositivo de seguimento incluido (*)

RUTA B - 35 Km: 20,00 € co xantar incluido (para os 50 primeiros inscritos).

RUTA C - 20 Km: 12,00 € sen xantar incluido, que se podrá contratar no momento da inscrición (5,00 €)

ANDAINA RUTA C: 7,00 € sen xantar incluido, que se podrá contratar no momento da inscrición (5,00 €)

 

  • As inscricións realizaranse a través desta web ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • A inscrición da dereito a participar na proba, servizo de cronometraxe electrónico con tempo final, dorsal personalizado, cobertura do seguro, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedios e final.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do regulamento da mesma sin reservas (recoméndase a súa lectura).
  • Calquera modificación sobre a inscrición (cambio de RUTA A para RUTA B ou RUTA C) hai que notificala antes do día 20 de Abril.
  • Os inscritos nunha ruta de distancia menor non poderán cambiar de recorrido unha vez iniciada a proba para unha distancia superior, no caso contrario permítese o cambio durante a desputa da proba.
  • Si unha vez inscrit@ na proba, decides non participar e sempre que o comuniques antes do 19/4/2018 devolveráseche íntegramente o importe da inscrición.

 

(*) O xantar é o menú do día a escoller un prato, bebida e postre; servirase no Mesón Castelao.

INFORMACIÓN ADICIONAL

Consulta o regulamento

Recomendamos ler con atención e solicitar aclaración daqueles puntos nos que albergues dúbidas

Trofeos

Dúas categorías: Senior e Veterán

Cál che corresponde?

Horarios  ao detalle

Por queres saber a qué hora e donde retirar o dorsal, da entrega de premios, e  das saidas e chegadas.

Inscricións e clasificacións

Nun só click inscríbete e consulta a clasificación de edicións anteriores.

Comer e durmir

Sabemos que che interesa donde aloxarte e donde repoñer forzas, por eso che facilitamos uns lugares recomendados.

Pregunta e respondemos

Para todo aquelo que nos poda quedar atrás, aquí podes consultalo ou preguntalo.

Mantente informado en:

Aquí aclarámosche as dúbidas:

638811000