AROUSA NORTE 2018

REVOLUTRION TRAIL SERIES

29/4/2018

A Serra do Barbanza lánzache un desafío.

Queres vivilo?

MINITRAIL E ANDAINA DE 20 km. (Ruta C)

Incorporado como novidade na edición anterior, queremos consolidala na presente gracias en parte á acolleita que tivo por parte dos participantes, destacando as gañas de sumarse a unha proba destas características e a un ritmo e cunhas capacidades físicas non tan extremas coma nas outras dúas modalidades.

 

Por outra banda, tod@s aqueles que desexen iniciarse no mundo do trail, esta é a súa proba porque ten o punto xusto de combinación entre dureza, técnica e condición deportiva para rematala con garantías.

 

A posibilidade de facela coma sendeirista, invita a compartir o día a moitos dos acompañantes, xa que dun xeito máis lúdico que deportivo poden aproveitar a xornada disfrutando a gran parte do percorrido.

AO DETALLE

A saida é común para as dúas actividades, e será dende o Parque García Bayón de Ribeira preto do Porto Deportivo e do Porto Comercial, con cómodos sitios de estacionamento e diversidade de lugares nos que mitigar a espera.

 

O primeiro e o derradeiro kilómetro son de asfalto, a carón do mar, polo paseo marítimo de Coroso e acompañados polos xiareiros que se achegan a ver a saida da proba. Será o único asfalto que teñamos, que representa un 10% do total do recorrido.

 

En menos de dous km, estarás transitando pola Carballa, entre os restos dos seus muiños, e que che conducirán ao monte de San Alberte, donde ao abandonalo e despois de repoñer forzas no primeiro avituallamento tocará salvar a primeira das subidas: a das Lobeiras; un cortalumes breve pero intenso, cunha pendiente de máis do 40% pero necesario salvala para que te achegue ata a fervenza de San Amedio e as pozas que fai o rio Arlés no seu nacimento.

 

De alí saimos á falda do monte da Curota, e por ela transitamos -xa en baixada- ata o cruceiro de Moldes, donde o segundo avituallamento nos espera antes de continuar baixando de novo polo monte de San Alberto ata a Pedra das Cabras (petroglifo) e desembarcar novamente no paseo de Coroso, para disfrutar dunha entrada en meta a unha hora na que os bares e restaurantes que cas súas terrazas colonizan a plaza, podan recibir aos corredores e sendeiristas animándoos pola xesta conseguida.

AVITUALLAMENTOS

Avituallamento km. 8

  • Auga
  • Zume

Avituallamento km. 13,5

  • Auga
  • Zume e Isotónica
  • Froita
  • Froitos secos
  • Bollería

Avituallamento META

  • Auga
  • Zume e Isotónica (recuperador)
  • Froita
  • Bollería

OS OUTROS RECORRIDOS

Trail

Ultratrail

  • Distancia: 35 km.
  • Desnivel: 1518 m+
  • Horario: 9:30 h.
  • Tempo límite: 8 horas
  • Avituallamentos: 6
  • Distancia: 60 km.
  • Desnivel: 2.345 m+
  • Horario: 9:30 h.
  • Tempo límite: 12 horas
  • Avituallamentos: 9

INFORMACIÓN ADICIONAL

Consulta o regulamento

Recomendamos ler con atención e solicitar aclaración daqueles puntos nos que albergues dúbidas

Trofeos

Dúas categorías: Senior e Veterán

Cál che corresponde?

Horarios  ao detalle

Por queres saber a qué hora e donde retirar o dorsal, da entrega de premios, e  das saidas e chegadas.

Inscricións e clasificacións

Nun só click inscríbete e consulta a clasificación de edicións anteriores.

Comer e durmir

Sabemos que che interesa donde aloxarte e donde repoñer forzas, por eso che facilitamos uns lugares recomendados.

Pregunta e respondemos

Para todo aquelo que nos poda quedar atrás, aquí podes consultalo ou preguntalo.

Powered by Wikiloc

Mantente informado en:

Aquí aclarámosche as dúbidas:

638811000