AROUSA NORTE 2018

REVOLUTRION TRAIL SERIES

29/4/2018

A Serra do Barbanza lánzache un desafío.

Queres vivilo?

REGULAMENTO

PERCORRIDO:

 

  • O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e será de 60 km (ruta A), 35 km (ruta B) ou 20 km (ruta C). debidamente sinalizado. O participante no momento da inscrición escollerá o percorrido que desexa cubrir.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
  • Establécense un tempo máximo de 12 horas para a RUTA A (60 km), de 8 horas para a RUTA B (35 km), e de 6 horas para a RUTA C (20 km). A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

 

PARTICIPANTES:

 

  • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: 10.000 €
    • Invalidez por accidente: 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados: Ilimitada
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
  • Os participantes ao enviar o formulario de inscrición, declaran/aceptan/autorizan que:
  • Mantiveron un adestramento adecuado á actividade física que supón a realización do evento segundo se informa nas características técnicas.
  • NON padecen lesión algunha que poida agravarse a consecuencia da realización da proba, eximindo á organización de calquer responsabilidade derivada da mesma.
  • E responsabilidade do participante facerse os test de saude, chequeos e probas médicas necesarias para verificar o seu estado de saude.
  • Si o personal sanitario da proba ou calquer membro da organización estiman necesario para a súa saude que o participante abandone a proba, deberá facelo.
  • Coñece as características técnicas da proba e debe ser consciente si -pola súa dureza- pode afrontala con garantías nas condicións físicas nas que se atope o día da celebración.
  • Esta informado que hai tramos do percorrido abertos permanentemente ao tráfico rodado e peonil.
  • Que antes ou durante a proba non consumirá sustancias prohibidas e consideradas coma dopping polas federacións deportivas.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
  • A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

 

MATERIAL:

 

RUTA A (60 Km.) e RUTA B (35 Km.)

  • OBLIGATORIO :
    • Manta térmica
    • Bidón ou recipiente con líquido en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
    • Teléfono móvil con saldo e batería suficiente para estar en contacto ca organización, o mesmo número que se facilitou ca inscrición.
    • Cortaventos ou roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba.
  • RECOMENDABLE:
    • Sistema de iluminación autónomo: frontal ou similar (ainda que a proba discurre á luz do día, no caso de choiva ou néboa axúdanos á organización a facervos un mellor seguimento).
    • Asubio (no caso de precisar axuda é de gran utilidade)

RUTA C (20 Km.)

  • OBLIGATORIO :
    • Bidón ou recipiente con líquido en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
    • Cortaventos ou roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba.
  • RECOMENDABLE:
    • Manta térmica
    • Teléfono móvil con saldo e batería suficiente para estar en contacto ca organización, o mesmo número que se facilitou ca inscrición.
    • Sistema de iluminación autónomo: frontal ou similar (ainda que a proba discurre á luz do día, no caso de choiva ou néboa axúdanos á organización a facervos un mellor seguimento).
    • Asubio (no caso de precisar axuda é de gran utilidade)
  • A organización poderá establecer controis de material en ruta.
  • A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
  • A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible (a altura do peito) ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
  • Facilítarase un chip a todos os participantes que deberá situar no lugar indicado nas instruccións para a súa correcta lectura nos puntos de control, si o corredor non devolve o chip (ou dispositivo GPS no caso da ruta A) ao remate da proba deberá abonar o importe do mesmo á empresa proveedora.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

 

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

 

  • Avituallamentos: Ruta A (60 Km.) 9 avituallamentos. Ruta B (35 Km.) 6 avituallamentos. RUTA C (20 Km.) 3 avituallamentos.
  • Disporase de un avituallamento final de líquido e sólido na liña de meta.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
  • A partir das 12:00h. e ata as 22:00h. estará a disposición dos participantes o serivicio de ducha e vestiario.

 

RETIRADA DE DORSAIS:

 

  • O mesmo día da proba no lugar de saída, dende as 08:00 h. ata 15 min antes da saída de cada unha das carreiras.
  • O día anterior na tenda de deportes REVOLUTRION, situada na Avda da Coruña en Riveira.
  • Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • E imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a tivera presentado.

 

DESCALIFICACIÓNS:

 

  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da carreira.
  • Si o participante non remata o percorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
  • Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

 

  • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase ao sábado 6 de maio no mesmo horario e co mesmo formato.
  • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemento da mesma.
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

INFORMACIÓN ADICIONAL

Consulta o regulamento

Recomendamos ler con atención e solicitar aclaración daqueles puntos nos que albergues dúbidas

Trofeos

Dúas categorías: Senior e Veterán

Cál che corresponde?

Horarios  ao detalle

Por queres saber a qué hora e donde retirar o dorsal, da entrega de premios, e  das saidas e chegadas.

Inscricións e clasificacións

Nun só click inscríbete e consulta a clasificación de edicións anteriores.

Comer e durmir

Sabemos que che interesa donde aloxarte e donde repoñer forzas, por eso che facilitamos uns lugares recomendados.

Pregunta e respondemos

Para todo aquelo que nos poda quedar atrás, aquí podes consultalo ou preguntalo.

Mantente informado en:

Aquí aclarámosche as dúbidas:

638811000