AROUSA NORTE 2018

REVOLUTRION TRAIL SERIES

29/4/2018

A Serra do Barbanza lánzache un desafío.

Queres vivilo?

ULTRATRAIL DE 60 km. (Ruta A)

60 km. de monte, de picos en serra, de prados, de rios, de vistas espectáculares, de vestixios arqueolóxicos que che levarán a descubrir os encantos naturais de Arousa-Norte. Poden parecer moitos, pero cando remates, de seguro que querrás mais.

 

Á vista pode parecer un perfil esixente, pero o reparto das subidas con zonas de transición que permiten recuperar da fatiga, a situación dos avituallamentos e a variedade que podes atopar neles, e o apoio da organización, fan moito máis doado este recorrido.

 

Como sabemos que @ corredor/a debe ir o máis seguro de sí mesmo, centrándose únicamente nas sensacións que lle vai transmitindo o seu corpo para dosificar o esforzo, nesta edición implementamos o seguimento por GPS para tod@s @s inscrit@s nesta distancia; un pequeno dispositivo similar a un mando de apertura da porta dun garaxe que nos permitirá saber á organización na posición na que se atopa cada participante, e donde só con desviarse 100 m. do recorrido, xa nos advirte automáticamente que hai un/unha corredor/a desorientado e poñernos rápidamente en marcha para retornalo á senda correcta. Porque nós tamén corremos, e sabemos que a fatiga mental é mais traidora que a fatiga física, e leva a pérdidas de atención que nos poden asaltar en calquer momento sin ser conscientes. O mesmo dispositivo permitirache solicitar axuda inmediata xa que incorpora un botón de S.O.S.; e tamén compartir a túa carreira nas redes a tempo real, podendo enviarche ánimos todos os que che aprecian.

AO DETALLE

Compartindo a saida cos participantes da ruta B, levará tod@s xunt@s ata o Alto de Forcados, para desviarse un kilómetro máis adiante, e encarar outra subida técnicamente difícil e físicamente esixente: o Alto do Inxerto (647 m), coronando así o punto máis alto desta ruta, e transitar logo pola cresta da Serra do Barbanza (xunto co monte lle da nome á serra: Monte Barbanza) e baixar vertixinosamente hacia os Cháns do Barbanza: unha meseta de firme cómodo, de herba baixa, e que levará aos corredor@s nun paseo pola historia da bisbarra: a Arca do Barbanza (dolmen), a casota medieval, e a ruta das mamoas, desembocando na Casota do Páramo (dolmen).

 

Logo do avituallamento na Graña, chega a parte "doada", cunha baixada non moi técnica (pista) duns 3 km. que nos axuda de novo a coller o tono muscular de cara a enfrentarnos á subida ata o Castelo de Vitres, pisando polos restos da antiga Calzada Romana de Vitres (pertencente á "Per Loca Marítima"). Unha vez coronada a cresta, tocará chegar ata o Alto do Salgueiro, e comezar a baixar antes de encarar a subida do río San Xoan, cas súas espectaculares pozas e fervenzas que invitan a sumerxirse nelas.

 

Completada a subida e aos pes da Curotiña, voltamos polo Cruceiro de Moldes ata o monte de San Alberte e chegar de novo a Ribeira, polo paseo de Coroso.

Powered by Wikiloc

AVITUALLAMENTOS

Avituallamento km. 8

  • Auga
  • Zume

Avituallamento km. 14

  • Auga
  • Zume e Isotónica
  • Froita (Laranxa - Plátano)
  • Froitos secos
  • Bolería

Avituallamento km. 18

  • Auga
  • Zume e Isotónica
  • Froita (Laranxa)
  • Barriña de Cereais
  • Froitos Secos

Avituallamento km. 25

  • Auga
  • Isotónica
  • Froita (Sandía - Plátano)
  • Froitos secos
  • Bolería

Avituallamento km. 33

  • Auga
  • Isotónica
  • Froita (Laranxa - Melón)
  • Froitos secos
  • Barriña Cereais

Avituallamento km. 41

  • Auga
  • Zume e Isotónica
  • Froita (Laranxa - Plátano - Sandía)
  • Froitos secos
  • Bocata
  • Bolería

Avituallamento km. 47

  • Auga
  • Zume
  • Froita (Laranxa - Melón)
  • Barriña Cereais

Avituallamento km. 52

  • Auga
  • Zume e Isotónica
  • Froita (Laranxa - Plátano - Sandía)
  • Froitos secos
  • Bolería

Avituallamento META

  • Auga
  • Zume e Isotónica (recuperador)
  • Froita
  • Bolería

 

@s participantes nesta ruta teñen incluido o menú do día no Mesón Castelao no prezo da inscrición.

OS OUTROS RECORRIDOS

Minitrail/Andaina

Trail

  • Distancia: 20 km.
  • Desnivel: 736 m+
  • Horario: 11:00 h.
  • Tempo límite: 6 horas
  • Avituallamentos: 3
  • Distancia: 35 km.
  • Desnivel: 1518 m+
  • Horario: 9:30 h.
  • Tempo límite: 8 horas
  • Avituallamentos: 6

SABER MÁIS

SABER MÁIS

INFORMACIÓN ADICIONAL

Consulta o regulamento

Recomendamos ler con atención e solicitar aclaración daqueles puntos nos que albergues dúbidas

Trofeos

Dúas categorías: Senior e Veterán

Cál che corresponde?

Horarios  ao detalle

Por queres saber a qué hora e donde retirar o dorsal, da entrega de premios, e  das saidas e chegadas.

Inscricións e clasificacións

Nun só click inscríbete e consulta a clasificación de edicións anteriores.

Comer e durmir

Sabemos que che interesa donde aloxarte e donde repoñer forzas, por eso che facilitamos uns lugares recomendados.

Pregunta e respondemos

Para todo aquelo que nos poda quedar atrás, aquí podes consultalo ou preguntalo.

Mantente informado en:

Aquí aclarámosche as dúbidas:

638811000