15 DE XUÑO

|
|
15 de Xuño: ULTRA TRAIL DO BARBANZA (68 ou 35 km.) |
Hora: 07:00 h. (9.00 h. Ruta B - 35 km.)
Saida e chegada: Ribeira (A Coruña) - Camping Ría de Arosa 2
Organiza: Concello de Riveira e Arousa Natureza e Ocio
Distancia: 68 km. –ou- 35 km.
Organizada polo Concello de Riveira e Arousa Natureza e Ocio a Ultratrail do Barbanza pretende ofertar ó participante non só kilómetros de ruta, senon paraxes de extrema beleza. Porque o Barbanza é mais que praias, illas, lagoas e marismas. O Barbanza é sobre todo unha serra, encumbrada por un monte que lle da nome: Monte Barbanza.
Pretendemos levarvos non só a esa cumbre, senon ás dúas vertientes da serra: a da ría de Muros-Noia; e a da ría de Arousa. Aportando outra visión e outra fisonomía ó concepto que a xente ten das rías.
A ruta transitará por sitios tan emblematicos coma o alto dos Forcados, a Fervenza da Madalena, o Grallal, Iroite, as mamoas e dólmenes do Barbanza (incluindo a Casota do Páramo e moitas da ruta das mamoas), o Monte Barbanza, a Calzada Romana de Vitres, e a Ponte e ruinas da Misarela. Todo esto nunha única xornada. Unha ruta de 68 km. capaz de impresionar a cada kilómetro e á vez facer querer atoparte con algo novo. A oferta é inigualable, podendo percorrer toda a historia da bisbarra nun só día: dende os monumentos naturais que estaban ahí antes que o home (Forcados, Fervenza da Madalena), pasando polas primeiras pegadas que estes deixaron (mamoas e dólmenes), para continuar cos asentamentos das primeiras civilizacións (calzada romana de Vitres), e rematar na idade media (Ponte da Misarela e ruinas do mosteiro).
Con saída e chegada no Camping Ría de Arosa 2, o enclave pertencente ó concello de Riveira (A Coruña) ofrece ó participante e ós seus acompañantes unha chea de posibilidades grazas á situación estratéxica desta vila barbanzana que sirve de porta á ría de Arousa. A costa e as praias ca pesca e o marisqueo son as puntas de lanza dunha cidade por descubrir. Non te perdas os seus enclaves paisaxísticos, os museos, a gastronomía, os monumentos, e o Parque Natural do Vilar.
A Ultratrail do Barbanza está composta de dúas rutas cos seguintes detalles técnicos:
Distancia |
Desnivel+ |
Pendiente máx. |
Pendiente med. |
Tempo max. |
Avituallamentos |
68 km. |
2430 m. |
37% |
6,5% |
14 h. |
7 |
35 km. |
1420 m |
39% |
7,5% |
8 h. |
4 |
Como se espera dunha proba deste tipo, os perfís non deixan lugar a dudas da dificultade do recorrido. O reto é superar todas e cada unha das crestas cas que nos imos atopar.

RUTA A: 68 KM - 2430 m. de desnivel+
|

RUTA B: 35 KM. - 1420 m. de desnivel+
|
A Iª ULTRA TRAIL DO BARBANZA organizada polo Concello de Ribeira e por Arousa Natureza e Ocio, celebrarase o 15 de xuño do 2013. A proba estará suxeita ó seguinte:
REGULAMENTO XERAL
- PERCORRIDOS:
- O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e será de 68 km. na distancia da ruta A, e de 35 km. na distancia da ruta B, ámbalas dúas debidamente sinalizadas.
- O desnivel acumulado positivo para a ruta A é de 2400 m. (aprox.), e para a ruta B é de 1.400 m. (aprox.)
- A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
- A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
- Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
- Establécense os seguintes tempos máximos a partires dos que a organización non garante a asistencia, polo que os participantes deberán abandonar a proba:
- Ruta A:
- Km. 21 – 4:00 h.
- Km. 43 – 9:00 h.
- Km. 68 – 14:00 h.
- Ruta B:
- Km. 17 – 3:30 h.
- Km. 35 – 8:00 h.
- PARTICIPANTES:
- Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
- Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
- Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
- Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo.
- Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
- A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
- Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
- MATERIAL:
- É obrigatorio antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
- É obrigatorio levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
- É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
- A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
- A organización ofrece a posibilidade de desplazar unha bolsa por corredor ata o km. 43 (km. 17 para a ruta B) que deberá identificar debidamente. A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material contido nesa bolsa.
- INSCRICIÓNS:
- As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
- O prezo da inscrición é de 20 € para a ruta A, e de 15 € para a ruta B.
- A inscrición da dereito a participar na ruta escolleita. Só se permiten cambios entre as rutas ata 3 días antes da proba.
- O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude.
- O prazo de inscrición ábrese o 15 de abril e remata o 2 de xuño. Aquelas que cheguen con posterioridade a esa data veranse incrementadas en 5 €, e só se aceptarán ata o 10 de xuño como máximo.
- A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
- A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
- A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
- AVITUALLAMENTOS:
- A organización disporá de avituallamentos de líquidos e sólidos ó longo do percorrido, cun mínimo de 7 avituallamentos na ruta A, e 4 na ruta B. Aproximadamente cada 10 km.
- A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
- Relación de avituallamentos:
- Alto dos Forcados (A e B) km. 10
- Pousacarro (A) km. 21
- Iroite (A) km. 32
- Portela (A) km. 43 – km. 17 (B)
- Piñeiro (A) km. 50
- Alto dos Forcados (A) km. 59 – km. 28 (B)
- Balteiro (A) km. 68 – km. 35 (B)
- RETIRADA DE DORSAIS:
- O mesmo día da proba dende as 6.00 h. ata 15 min. Antes da saída.
- O día anterior da proba nas instalacións do Camping Ría de Arousa dende as 17.00 h. ata as 20.00 h.
- Cada ruta estará definida por unha cor no dorsal.
- TROFEOS:
- Entregaranse tres trofeos por categoría que quedan do seguinte xeito:
- Senior: ata 39 anos (masculino e feminino)
- Veterano: a partir de 40 anos (masculino e feminino)
- Diploma acreditativo co tempo total empregado en realizar a proba.
- A entrega de trofeos realizarase a partir das 19.00 h. no lugar da saida.
- DESCALIFICACIÓNS:
- Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
- Si o participante retira sinais da carreira.
- Si o participante non remata o percorrido.
- Si o participante non atende as indicacións da organización.
- Si o participante non porta o material obrigatorio.
- Si o participante atenta contra o medioambiente.
- OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
- Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
- A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
AVITUALLAMENTOS
Relación do contido dos avituallamentos:
AVITUALLAMENTO 1 - km 10 |
BOLLERÍA |
BARRITAS CEREAIS |
ZUME |
AUGA |
PLATANO |
LARANXA |
|
AVITUALLAMENTO 2 - km 20 |
BOLLERÍA |
BARRITA ENERGÉTICA |
BOCATA NOCILLA - QUEIXO |
PLATANO |
SANDÍA |
ZUME |
ISOTÓNICA |
AUGA |
|
AVITUALLAMENTO 3 - km 32 |
BOLLERÍA |
BARRITA ENERGÉTICA |
GEL |
ZUME |
ISOTÓNICA |
LARANXA |
MAZA |
AUGA |
|
|
|
|
AVITUALLAMENTO 4 - km 43 (km 17) |
BOCATA NOCILLA - QUEIXO |
BOLLERÍA |
MELON |
PLÁTANO |
LARANXA |
MAZÁ |
SANDÍA |
GEL |
BARRITA ENERXÉTICA |
ZUME |
ISOTÓNICA |
AUGA |
|
AVITUALLAMENTO 5 - km 50 |
BOLLERÍA |
BARRITA ENERXÉTICA |
LARANXA |
PLÁTANO |
MELÓN |
SANDÍA |
MAZÁ |
ZUME |
AUGA |
GEL |
|
AVITUALLAMENTO 6 - km 61 (km 28) |
LARANXA |
PLATANO |
BOLLERÍA |
BARRITA ENERXÉTICA |
ZUME |
AUGA |
|
|
|
|
AVITUALLAMENTO 7 - META |
LARANXA |
SANDÍA |
MELÓN |
MAZÁ |
BOLLERÍA |
BOCATA NOCILLA - QUEIXO |
ZUME |
AUGA |
ISO RECUPERADOR - NUTRISPORT |
|
|
|
|
Dende o Camping Ría de Arosa 2, sacaron unha oferta especial para tódolos participantes na Ultratrail do Barbanza. Achéganse as condicións:
Hay 3 tipos de Alojamiento: Bungalows, habitaciones o Acampada.
Bungalows:
Para aquellos participantes que quieran alojarse durante dos noches (del 14 al 16 de junio) en el Camping dispondrán de la siguiente oferta:
4 Plazas Especial: 140 € (I.V.A. incluído)
6 Plazas: 150 € (I.V.A. incluído)
8 Plazas: 160 € (I.V.A. incluído)
Los bungalows constan de dos habitaciones (el de 4 plazas consta de una habitación con cama de matrimonio y otra habitación con gemelas; el de 6 plazas dispone de una habitación con cama de matrimonio y otra con literas para 4 personas; el de 8 plazas es igual al de 6 pero además tiene una cama nido, convertible en dos de 0.90 en el salón-cocina). Todos ellos cuentan con salón-cocina totalmente equipado, baño con ducha, porche y barbacoa.
Habitaciones:
También disponemos de habitaciones que constan de literas con sábana bajera, almohada y saco de dormir. No disponen de aseo, pero podrán usar los aseos y duchas comunes para todos los clientes.
El precio de dichas habitaciones es de 8 € por una noche (I.V.A. incluído).
El precio por dos noches -del 14 al 16 de junio- es de 15 € (I.V.A. incluído).
Acampada:
El precio por dos adultos, 1 tienda o 1 caravana, 1 coche y electricidad es de 16 € (I.V.A. incluído) por noche. Con niños dicha oferta ascendería a 20 € (I.V.A. incluído) por noche.
Recoméndase reservar ca suficiente antelación. Contactar no teléfono 981865911, ou ben a través da web do Camping Ría de Arosa 2.
Dende o Restaurante La Cascada (dentro do Camping Ría de Arosa 2) desexan facer unha oferta especial para os días 14 e 15 de xuño, a tódolos participantes na Ultratrail do Barbanza. As condicións é que deben facer reserva previa (chamando ó número 981865283 ou no email administracion@campingriadearosa.com) e indicar que é para o Ultratrail antes do día 13 de xuño. O menú consistirá nun primeiro prato, segundo prato, postre e bebida, todo por 10 €/persoa (corredores e acompañantes).
O día da carreira os participantes que ó rematar a proba queiran repoñer forzas -e que o avisen previamente- dispoñen dunha fonte de ensalada grande para levar por tan só 4 €. Ainda que esta oferta só e para os participantes na Ultratrail (non para os acompañantes).
O día da Ultratrail do Barbanza, entre ás 16.00 h. e as 20.00 h. a organización dispoñerá de servicio de masaxe para aqueles participantes que o soliciten na meta. O servizo é totalmente gratuito e prestarase únicamente no horario especificado.
O día 14/06/2013 (o venres) ás 20.30 h. no lugar da saída (Camping Ría de Arosa 2) a organización impartirá unha charla técnica sobre todo o relativo á proba do día seguinte, e na que se aclararán todas as dúbidas que poidan xurdir.
|