INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN RECOMENDACIÓNS INSCRICIÓNS UBICACIÓN

PRESENTACIÓN

Arousa Neo e a Asociación de Veciños da parroquia de Santo Isidoro de Postmarcos, aproveitando o verán e con motivo da choiva de estrelas de San Lourenzo, organizan unha andaina nocturna con saida e chegada ao Local Social de San Isidro, ca finalidade de poder contemplar o espectáculo astronómico en toda a súa grandeza. En principio parece que a climatoloxía será boa co ceo despexado.

O percorrido será de 9Km aprox.

INFORMACIÓN

Día: 13 de AGOSTO de 2016
Hora: 21:00 h.
Saída e chegada: Local social San Isidro – Pobra (A Coruña)
Inscricións:
gratuita. Non hai inscrición previa
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

 

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:


RECOMENDACIÓNS  

Recoméndase atender ao seguinte:

  • Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
  • A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
  • Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
  • Levar algún tipo de linterna.
  • Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
  • Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
  • Non se permiten animais de compañía.
  • Puntualidade na hora de saída.
  • A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
  • A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
  • A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

INSCRICIÓNS

Non hai inscrición previa

 

UBICACIÓN