INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN REGULAMENTO CLASIFICACIÓN UBICACIÓN COMO CHEGAR AGRADECEMENTOS CONTACTA

 


PRESENTACIÓN

Cuarta edición do Ultratrail do Barbanza que non deixa de reinventarse, esta vez ca novidade primordial de disfrutar da saida do mesmo centro de Ribeira, nunha das prazas principais da cidade, e cun breve percorrido co aire do mar batendo na cara. A mellor forma de combinar mar e montaña nunha proba, nun entorno único. Asegurámosche que en menos dunha hora pasarás de estar trotando á beira do mar, a facelo polos picos máis altos da serra do Barbanza.

Unha vez na serra, o novo trazado non che deixará indiferente: redescubrirás zonas que xa figuraron nos percorridos anteriores e trataremos de sorprenderche con novos camiños. Nunha distancia que se eleva con respecto ao ano anterior, pero que non se fai máis esixente xa que recortamos o perfil. Por eso consideramos que se pode afrontar con garantías. E ademáis sempre quedará a posibilidade de participar no trail cunha distancia de 35 km. compartindo gran parte do trazado, e respetando aqueles sitios máis simbólicos.

Na meta, esperámosche tamén no centro da cidade, no mesmo lugar da saida no que terás os servicios necesarios a poucos metros e disfrutando do ambiente dunha chegada disfrutando dos siareiros e público insuflándoche o alento necesario para encarar os últimos metros.

Respeto ao prezo da inscrición, facemos tamén un esforzo para todo o mundo poida asumila, e non só eso, senon que ainda que fagas e confirmes a inscrición en calquer intre, podes exercer o dereito a devolución do importe íntegro no caso de lesión ou forza maior, ata o 15 de abril. Como a participación está limitada a 300 prazas (por ruta), recomendámosche que formalices canto antes a inscrición para non quedar sen a túa.

 

 
 

INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: 30 de Abril de 2016 (prazo inscrición do 01 de Xaneiro ao 24 de abril)
Hora: 9:00 h.
Distancia: 60 km. RUTA A - 35 km. RUTA B
Saída e chegada: Praza de García Bayón -Ribeira
Duchas: Clube Náutico de Riveira
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Colabora: Concello de Ribeira, Asociación de Veciños de Carreira.
Información: www.arousa.com - email: contacto@arousa.com
Inscricións: www.arousa.com --- www.galitiming.com
Prezo da inscrición: 25 € RUTA A -- 15 € RUTA B
Teléfono: 638811000

  PERFILES   PERCORRIDOS   INFORMACIÓN METEOROLÓXICA   ONDE XANTAR  

CRONOMETRAXE LIVETIMING

 

 

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:
 
Distancia

Desnivel+

Desnivel acumulado

Pendiente máx.

Tempo corte

Tempo max.

Avituallamentos

60 km.

2320 m.

4640m.

49,6%

Km 42 -- 8 horas

12 h.

9

35 km.

1430 m

2860m.

49.6%

Km 15 -- 3,5 horas

8 h.

6


PERFIL RUTA A: 60KM

PERFIL RUTA B: 35KM


 

 


 


ONDE XANTAR:

Dende o BODEGÓN CASTELAO, no mesmo lugar da Saida/Meta ofrecen aos participantes un menú do corredor por 5 € presentando o dorsal que inclue:

  • Plato único de pasta ou arroz a elexir
  • Postre
  • Bebida

CRONOMETRAXE LIVITIMING:

Dende www.galitiming.com o servizo de cronometraxe para o evento, comunícannos que se sorteará entre 10 persoas das inscritas o seu servizo LiveTiming que permitirá coñecer en tempo real e en todo momento a través da web a posición do corredor que porte o GPS (de tamaño algo menor dun teléfono móvil) indicando con puntos verdes cando está en movemento, en negro cando está parado, e en vermello cando activa o botón de S.O.S.

@s afortunad@s poderán compartir nas redes sociais a súa progresión na carreira si o desexan.

REGULAMENTO  

PERCORRIDO:

  • O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e será de 60 km (ruta A) ou 35 (ruta B). debidamente sinalizado. O participante no momento da inscrición escollerá o perxorrido que desexa cubrir.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
  • Establécense un tempo máximo de 12 horas para a RUTA A (60km) e de 8 horas para a RUTA B (35km). A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.


PARTICIPANTES:

  • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: 10.000 €
    • Invalidez por accidente: 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
  • Os participantes ao enviar o formulario de inscrición, declaran/aceptan/autorizan que:
    • Mantiveron un adestramento adecuado á actividade física que supón a realización do evento segundo se informa nas características técnicas.
    • NON padecen lesión algunha que poida agravarse a consecuencia da realización da proba, eximindo á organización de calquer responsabilidade derivada da mesma.
    • E responsabilidade do participante facerse os test de saude, chequeos e probas médicas necesarias para verificar o seu estado de saude.
    • Si o personal sanitario da proba ou calquer membro da organización estiman necesario para a súa saude que o participante abandone a proba, deberá facelo.
    • Coñece as características técnicas da proba e debe ser consciente si -pola súa dureza- pode afrontala con garantías nas condicións físicas nas que se atope o día da celebración.
    • Esta informado que hai tramos do percorrido abertos permanentemente ao tráfico rodado e peonil.
    • Que antes ou durante a proba non consumirá sustancias prohibidas e consideradas coma dopping polas federacións deportivas.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
  • A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.


MATERIAL:
  • É OBLIGATORIO antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
  • É OBLIGATORIO levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É OBLIGATORIO levar un cortaventos e roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba.
  • A organización poderá establecer controis de material en ruta.
  • A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
  • A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible (a altura do peito) ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal. 
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.


INSCRICIÓNS:

  • Prazo de inscrición ábrese o 01 de Xaneiro e remata o 24 de Abril.
  • As inscricións realizaranse a través da web www.arousa.com ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • Prezo da inscrición é de 25 € para a RUTA A (60km) e 15 € para a RUTA B (35km)
  • A inscrición da dereito a participar na proba, servizo de cronometraxe electrónico con tempo final, dorsal personalizado, cobertura do seguro, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedios e final.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
  • Calquera modificación sobre a inscrición (cambio de RUTA A para RUTA B ou viceversa) hai que notificala antes do día 24 de Abril.
  • Os inscritos na RUTA B non poderán participar na RUTA A, no caso contrario permítese o cambio incluso o mesmo día da proba.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

  • Avituallamentos: Ruta A (60KM) 8 avituallamentos. Ruta B (35KM) 5 avituallamentos.
  • Disporase de un avituallamento final de líquido e sólido na liña de meta.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
  • A partir das 12:00h. e ata as 22:00h. estará a disposición dos participantes o serivicio de ducha e vestiario.

RETIRADA DE DORSAIS:
  • O mesmo día da proba no lugar de saída, dende as 08:00 h. ata 15min antes da saída.
  • O día anterior na tenda de deportes REVOLUTRION, situada na Avda da Coruña en Riveira.
  • Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • E imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a tivera presentado.

TROFEOS:
  • Recibirán trofeo para cada unha das rutas:
    • Os tres primeiros homes da categoría senior (ata 44 anos incluidos)
    • As tres primeiras mulleres da categoría senior (ata 39 anos incluidos)
    • Os tres primeiros homes categoría Veterán (a partir dos 45 anos incluido)
    • As tres primeiras mulleres categoría Veterán (a partir de 40 anos incluido)
    • Trofeo especial "Mérito Deportivo"
  • A entrega de trofeos para os participantes da RUTA A realizarase a partir das 17:00h. nun espazo habilitado na liña de meta. Para os participantes da RUTA B farase a partir das 14:00 h.
  • Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.

DESCALIFICACIÓNS:

  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da carreira.
  • Si o participante non remata o percorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
  • Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
    • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
    • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase ao sábado 7 d emaio no mesmo horario e co mesmo formato.
    • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemento da mesma.
    • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
    • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

     

CLASIFICACIÓN

 

UBICACIÓN

CÓMO CHEGAR

 

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 638 811 000

Email: contacto@arousa.com

Horario:
Luns a Venres 10:00 - 13:00 ; 17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 13:30

Envíanos unha mensaxe