INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN REGULAMENTO INSCRICIÓNS UBICACIÓN COMO CHEGAR AGRADECEMENTOS CONTACTA
 

 

PRESENTACIÓN

Chegamos á decimo primeira edición da Carreira Campo a Través do Corgo - Corrubedo, con importantes cambios respeto ás últimas edicións e recuperando o aire inicial que tan popular e coñecida fixo a un dos primeiros "trails" de Galicia. Cun percorrido costeiro, a carón do mar, e en dirección ao maxestuoso Faro de Corrubedo, pondrá aos corredores en apenas catro kilómetros a transitar polos agrestes camiños do Cabo de Corrubedo, co mar rachando enfurecido baixo os seus pes; e si chegar ata alí foi toda unha satisfacción, o retorno non será para menos, porque voltamos a pisar as areas, sempre blandas das praias de Balieiros e Espiñeirido. Pero as sorpresas ainda non rematan ahí, porque quédanos por pisar monte, bosques de piñeiros, e algo de barro: Monte Facho, espéranos antes de chegar novamente á aldea de Teira donde o calor dos veciños, e o acolledor do lugar fan ca chegada dos participantes unha festa.

Na Carreira do Corgo non se presentan desniveles nin perfiles que podan asustar a aquel@s que queren debutar no trail, nin que boten para atrás aos máis experimentados. É unha carreira deseñada para chegar a tod@s, para completala con garantías, para disfrutala, e para correla.

Recomendamos ler con detenimento o regulamento no que esperamos se aclaren as dúbidas que podades ter. De tódolos xeitos, coma sempre, temos á vosa disposición un email de contacto, teléfono ou a nosa páxina de facebook, na que vos responderemos sen problema.

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:
   
 
 


INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: Sábado 21/10/2017 
Hora: 17:00 h.
Saída e chegada: Teira - Corrubedo (Ribeira)
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.arousa.com e www.galitiming.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 12 km.
Custe inscrición: 9€
Duchas: Polideportivo de Sirves
Data límite inscrición: 20 de outubro ás 10:00 h.
Colabora: Sachacamiños Clube de Montaña, Asociación de Veciños de Carreira, Senda XXI, Concello de Riveira e Asoc. de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira


REGULAMENTO

PERCORRIDO:

  • O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e será de 12 km. debidamente sinalizado con cintas de tela laranxas.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
  • Establécense un tempo máximo de dúas horas para a realización da proba. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

MATERIAL:

  • É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
  • A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible (a altura do peito) ata o remate da carreira sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal. 
  • Facilítarase un chip a todos os participantes que deberá situar no lugar indicado nas instruccións para a súa correcta lectura nos puntos de control, si o corredor non devolve o chip ao remate da proba deberá abonar o importe do mesmo á empresa proveedora.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

RETIRADA DE DORSAIS:

  • O mesmo día da proba no lugar de saída, dende as 16:00  ata 10 minutos antes da saída.
  • Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • E imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a tivera presentado.

PARTICIPANTES:

  • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: ................................................. 10.000 €
    • Invalidez por accidente: .................................................... 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados:.......... ........ 6.000 €
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
  • A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

 DESCALIFICACIÓNS:

  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da proba.
  • Si o participante non remata o recorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • Si o participante non deposita os residuos xerados por él nos recipientes habilitados pola organización.
  • Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Si o participante abandona o percorrido coa finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
  • Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

TROFEOS:

Recibirán trofeo:

  • Os tres primeiros homes categoría Senior (menos de 45 anos)
  • Os tres primieros homes categoría Veterán (a partir de 45 anos incluido)
  • As tres primeiras mulleres categoría Senior (menos de 40 anos)
  • As tres primeiras mulleres categoría Veterán (a partir de 40 anos incluido)
  • Os tres primeiros equipos (nos que a suma dos tempos d@s tres mellores corredor@s de cada equipo sexa inferior ao resto). Os membros dun equipo deberán estar inscritos todos co mesmo nome de equipo (sen variacións).
  • Trofeo especial ao primeir@ corredor/a de Ribeira en cruzar a meta
  • Os trofeos non son acumulativos. No caso de coincidencia entre o "mellor corredor/a local" e os tres primeiros postos da clasificación xeral, primará o da clasificación xeral.
  • A entrega de trofeos realizarase a partir das 19:00 h. no mesmo lugar da saida/meta.
  • Si un/unha premiad@ non recolle o trofeo que lle corresponda, perde o dereito a reclamalo con posterioridade.
  • Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.

INSCRICIÓNS:

  • Prazo de inscrición ábrese o 29 de setembro e remata o 19 de outubro
  • As inscricións realizaranse a través da web www.arousa.com ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • Prezo da inscrición é de 9 € para esta proba.
  • A inscrición da dereito a participar na proba, servizo de cronometraxe electrónico con tempo final, dorsal personalizado, cobertura do seguro, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

  • A organización disporá de avituallamento intermedio de líquido.
  • Disporase de un avituallamento final de líquido e froita na liña de meta.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
  • Estará a disposición dos participantes o serivicio de ducha e vestiario no Polideportivo de Sirves ata as 20:30 h.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

  • Calquera outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización, non cabendo recurso.
  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase ao 28 de outubro no mesmo horario e co mesmo formato.
  • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

INSCRICIÓNS

UBICACIÓN

CÓMO CHEGAR

 

DENDE SANTIAGO DE COMPOSTELA: 77 Km. - 55 min.

DENDE VIGO: 100 Km. 1 h. 12 min.

   

DENDE OURENSE: 169 Km. - 1 h. 48 min.

DENDE LUGO: 205 Km. - 2 h. 5 min.

AGRADECEMENTOS

 

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 638 811 000

Email: contacto@arousa.com

Horario:
Luns a Venres 10:00 - 13:00 ; 17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 13:30

Envíanos unha mensaxe