AROUSA NORTE 2018
REVOLUTRION TRAIL SERIES
29/4/2018
A Serra do Barbanza lánzache un desafío.
Queres vivilo?
TRAIL DE 35 km. (Ruta B)
Para aqueles que teñen gañas de máis, para @s que queren disfrutar dunha proba de montaña, no que os sendeiros, pérdense entre a vexetación, condúcenche a carón dos rios (ou métenche dentro), os desniveles impóñense por encima da condición física, e a Serra do Barbanza na súa plenitude ábrese para que @ corredor/a poida competir non só ante outros rivais, senon contra o medio.
Dende a organización, con este trazado, pretendíamos que disfrutárades do mellor dunha proba de trail, e os comentarios dos participantes nos últimos anos acabáronnos dando a razón, coincidindo sempre en que reune o mellor dun ultratrail, concentrado nunha distancia de "trail".
AO DETALLE
Saida conxunta xunto cons participantes do Ultratrail que logo se divirán no Alto dos Forcados; pero antes de chegar ata alí terán que quentar as pernas entrando pola Carballa e os seus muiños no Monte de San Alberte. De alí ao primeiro avituallamento antes de encarar a primeira subida "de bastóns" hacia as Lobeiras e a Fervenza de San Amedio.
Logo ven o primeiro plato fuerte: a subida ao Alto de Forcados, un cumio que non destaca pola súa altitude (614 m) pero sí pola súa verticalidade (52%), e pola técnica que se precisa ao ir serpenteando entre rochas e culminalo cunha pequena trepada. A satisfacción ao chegar ao cumio, e poder ver toda a costa das rías baixas perderse diante dos teus ollos e baixo os teus pes, non ten precio.
Continuamos o "paseo" por zonas de chans, en baixada, sobre un firme cómodo de herba e prácticamente chan, que nos levará ata o curro da Curota, e unha vez chegados a ese punto: volta a baixar ata o río Barbanza noutro sube-baixa corto pero intenso, que nos levará ata o alto do Salgueiro; precipitándonos novamente nunha baixada rápida e técnica que acabará cos pes d@ participante metidos de novo no río Barbanza, xusto no punto donde conflue co río San Xoan para formar a carón dos vestixios altomedievais da Misarela: o río Pedras.
E de novo, volta a subir o río San Xoan, de fervenza en fervenza irá impresionando aos corredores. A pendiente faise técnica, e dura; pero a paisaxe e as vistas compensan sobradamente o esforzo, e ninguén nos perdonaría que o recorrido non pasara por alí. Unha vez arriba, sí que se rematan as subidas extenuantes. A partir deste punto xa será sempre costa abaixo e un camiño de retorno que non deixará indiferente a ninguén: de novo, volvemos a buscar o lado máis salvaxe da natureza facendo o recorrido polos sendeiros menos transitados da serra, que nos levarán ata Moldes, para entrar dende ahí ao Monte de San Alberte, e desembocar na Praia de Coroso que será o que nos dea a benvida á meta.
Avituallamento META
@s 50 primeiros participantes en anotarse nesta ruta teñen incluido o menú do día no Mesón Castelao no prezo da inscrición.
Avituallamento km. 25
Avituallamento km. 30
AVITUALLAMENTOS
Avituallamento km. 8
Avituallamento km. 14
Avituallamento km. 19
OS OUTROS RECORRIDOS
Minitrail/Andaina
Ultratrail
INFORMACIÓN ADICIONAL
Consulta o regulamento
Recomendamos ler con atención e solicitar aclaración daqueles puntos nos que albergues dúbidas
Trofeos
Dúas categorías: Senior e Veterán
Cál che corresponde?